aCentral Folque acaba de facer o envio do segundo boletín mensual de novas. Cousas nas que andamos argallando nas últimas semanas e adiantos das vindeiras. Lembra que se queres seguir puntualmente as nosas actividades e recibir un mail, debes suscribirte expresamente nesta ligazón.
O mes de agosto trouxo consigo luces e sombras, decubrimentos, reencontros, despedidas, novos camiños que percorrer… e, coma sempre, moita música! Contámoscho todo nesta nova entrega da newsletter d’aCentral Folque.
Temas:
- SEGUINDO OS PASOS DE MARUJA ROCA, A FOTÓGRAFA DE BECERREÁ
- A VISITA DE IVÁN VILELA
- PABLO CASTAÑO QUARTET TOCAN XUNTOS DE NOVO
- DESPEDÍMONOS DO RIBEIRA
- PEDRAS NAS LUCES, CANTEIROS E DRONS
Podes ver todos os detalles extendidos na seguinte ligazón
ADIANTOS:
– Moi pronto anunciaremos o novo disco de Pablo Sanmamed, un proxecto moi ambicioso no que colaborou con multitude de músicos de diversos ámbitos que van dende o jazz ata a música antiga para achegarse ás cantigas de Afonso X O Sabio dun xeito innovador
– Comezamos un novo curso na Escola d’aCentral Folque, coas habituais aulas individuais e colectivas de Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión, Gaita, Baile, Linguaxe musical: método Kodály, Harmonía, e análise na música popular, amais dos cursos maxistrais. Máis información na nosa web.