Can&Do no Gaia World Music

Os músicos galegos do novo proxecto Can&Do (Ariel Ninas e Iván Abal) actuarán no último dia do festival internacional portugués que se celebra á beira do Cais do Douro no Gaia World Music, un evento de tres días con bandas coma Gaiteiros de Lisboa, Galandum Galundaina, Coetus, Alturas (Perú) ou Forró Miór (Brasil).

O Gaia World Music 2019 realiza-se nos próximos dias 5, 6, 7 e 8 de setembro. Contemplando os máis distintos xéneros musicais que inclúen folk, celta, forró, popular, latin jazz ou eletrónica.  O festival trae até ao municipio de Vila Nova de Gaia artistas de varias geografías como Galiza, Espanha, Brasil, Peru, Italia ou Portugal. Un total de 13 concertos distribuídos pelos tres palcos erguidos no complexo do Espaço Corpus Christi (Largo de Aljubarrota, n.o 13, 4400-111 Vila Nova de Gaia), con sonoridades que serán complementadas com accións de rúa, animación e actividades de lezer.

O espazo web para seguir a información é a páxina de FaceBook do festival: https://www.facebook.com/gaiaworldmusic/

 

Can&Do

Can&Do é o dúo de Ariel Ninas e Ivan Abal, dous tocadores da Galiza que ofrecen un recital actual cun instrumento milenario: a sanfona. Constrúen un relato fabuloso a través dun repertorio variado, desde a música tradicional da Galiza até o jazz de Galliano, composicións propias e referencias ao cancioneiro portugués. Desde o uso habitual deste instrumento melódico de bordón ás técnicas estendidas da vangarda contemporánea, aseguran un descubremento ao público deste ‘sintetizador medieval’.

  • Ariel Ninas: sanfona alto
  • Iván Abal: sanfona tenor

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario