Casa do Silencio é unha produción de aCentral Folque con actividades arredor do homónimo filme galego de Jon Jost para estrear, promocionar e exhibir esta película rodada en Galiza a finais de 2023.
“Sexa cal sexan os métodos que empregue, desexo que estea firmemente enraizado nas actitudes, calidades visuais e poéticas así como nas tonalidades musicais galegas”
Jon Jost
En 2022 o realizador estadounidense Jon Jost (Chicago 1943) recibiu un convite do cineasta venezolano de ascendencia galega Diego Solomón para visitalo primeiro en Madrid e a seguir na casa familiar deste en Galicia. Jon aceptou e pasou tres semanas no rural galego entre maio e xuño dese ano onde, segundo as súas propias palabras, “atopou unha historia”. Desde entón Jon mergullouse nunha investigación sobre Galicia para dar forma ao filme CASA DO SILENCIO guiado por un facer “poético, musical e enraizado na cultura galega”. A principios de 2023 Jon entra en contacto con aCentral Folque para solicitar asesoramento musical especializado e a partir dese momento sumámonos ao proxecto e deseñamos un plan de produción contando con músicos, poetas, persoal actoral e técnico galego así como unha programación que engloba distintas accións.
O proxecto Casa do Silencio consta das seguintes actividades:
CASA DO SILENCIO (2023), longametraxe de 70’ dirixido por Jon Jost rodada integramente en galego e en Galiza protagonizada por Quico Cadaval e Paula Ballesteros. Unha película con ton poético rodado nunha fermosa casa de campo dunha aldea galega. A “historia” en realidade deriva do lugar e dos tabús familiares dunha familia galega emigrada a Venezuela.
Datas e lugares de estreas do FILME CASA DO SILENCIO:
- A CORUÑA. 24 Nov. 20:30h Filmoteca de Galicia
- MAZARICOS. 25 Nov. 18:00h Asociación Cultural Bubela
- SANTIAGO DE COMPOSTELA. 1 Dec. 17:50h e 2 Dec. 17:40h Numax
Serie de VÍDEO-POEMAS E CLIPS MUSICAIS de poetas e cantantes galegas realizados por Jon Jost. Nesta serie de pezas audiovisuais disponibilizadas nas redes e canais de aCentral Folque participan coas súas creacións literarias e musicais orixinais:
- Anton Lopo
- Xiana Arias e Berio Molina
- Ismael Ramos
- Ugia Pedreira
- Gabi Reboredo, Ivan Vilela & Pablo Castaño
- Felisa Segade, Ivan Vilela & Pablo Castaño
RETROSPECTIVA FILMOTECA DE GALICIA da obra de Jon Jost n’A Coruña. 23 de Novembro – 2 de Decembro
- 23 Nov. 20:30h All the Vermeers in New York (1990)
- 24 Nov. 18:00h Masterclass de Jon Jost
20:30h Casa do silencio (2023) - 28 Nov. 20:30h The Bed You Sleep in (1993)
- 29 Nov. 20:30h Blue Strait (2014)
- 30 Nov. 20:30h Last chants for a slow dance (1977)
- 1 Dec. 18:00h Coming to Terms (2012)
- 2 Dec. 18:00h Passages (2006)
XORNADA Jon Jost no local da Asociación A Bubela de Mazaricos. Un encontro demorado co realizador que inclúe un obradoiro, xantar e a proxección comentada de Casa do silencio. Esta é unha actividade con limite de prazas para a que é precisa inscrición previa en casadosilencio@folque.com
25 Nov. 10:30-14:30h Obradoiro de creación audiovisual con Jon Jost*
18:00h Casa do silencio (2023). Estrea coa presentación de Jon Jost
FOCO JON JOST. Retrospectiva en NUMAX. Santiago de Compostela. 28 de Novembro – 3 de Decembro
- 28 Nov.19:45h Last Chants for a Slow Dance (1977) coa presentación de Javier Trigales
- 1 Dec. 17:50h Casa do silencio (2023). Estrea
- 2 Dec. 17:40h All the Vermeers in New York (1990) con presentación de Jon Jost
19:40h Casa do silencio (2023) con presentación e coloquio de Jon Jost - 3 Dec.11:30h Encontro A cor das palabras con Jon Jost: “Vivindo e aprendendo, unha vida no cinema”
- 5 Dec.17:45h Coming to Terms (2012)
TABÚ -as palabras non ditas- Actividades en 3 centros de ensino da provincia da Coruña deseñadas e conducidas polo poeta Ismael Ramos nas que apoiándose na poesía e no audiovisual indagará nos tabús e nas ocultacións no ámbito dos adolescentes galegos nos centros de ensino.
- 27 Nov. IES Campo de San Alberto, Noia
- 5 Dec. IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela
- 11 Dec. IES Virxe do Mar, Noia
CASA DO SILENCIO é unha produción de aCentral Folque que conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración da Filmoteca de Galicia, o Cine Numax e a Asociación Cultural A Bubela de Mazaricos.
Jon Jost
Nacido en Chicago en 1943, nunha familia militar, Jost creceu en Xeorxia, Kansas, Xapón, Italia, Alemaña e Virxinia. Expulsado da universidade en 1963, comezou a facer películas de 16 mm. É autodidacta. Realizou unhas 20 curtas e 16 longametraxes, todas elas concibidas, escritas, fotografadas, dirixidas e editadas por el. En 1965, Jost foi encarcerado polas autoridades federais dos Estados Unidos durante 2 anos e 3 meses por negarse a cooperar co Sistema de Servizos Selectivos. A súa saída dedicouse a actividades artístico-políticas axudando a iniciar NEWSREEL, o grupo de produción e distribución de películas da Nova Esquerda. Jost fixo a súa primeira longametraxe en 1974, e desde entón dedicouse á realización dunha ampla serie de películas, centradas en gran parte en temas específicamente estadounidenses, en formas que van desde ensaio, ensaio-ficción, vangarda e novas formas narrativas. A súa obra mostrouse amplamente en museos, arquivos cinematográficos e festivais de cine de todo o mundo desde 1975 cun amplo recoñecimento da crítica. En 1991, o MOMA de Nova York reuniu e presentou unha completa retrospectiva da obra de Jost que abarcaba 11 longametraxes e 5 curtas.
Jon Jost foi convidado a presentar as súas obras en festivais de cine de prestixio mundial como Berlinale de Berlín, Festival de Venecia, Sundance, Festival de Yamagata, Locarmo e moitos outros. A dimensión e recoñecemento da súa obra ven precedida polas retrospectivas que se realizaron da súa obra, desde o MoMA de Nova York até as filmotecas de Berlín, Lisboa, Madrid, Turín, Boloña, Tokio ou Kolkata.