Vídeo do concerto de Alba María

O pasado 13 de novembro, Alba María ofreceu un concerto na súa cidade de acollida e crianza, que rexistrou a cámara de Sabela Vázquez pr’aCentral Folque. Aquí deixamos un anaco do primeiro tema que subimos á Folque TV, Pretéritas Perfectas:

Alba María en Vigo

Vigo acolle a presentación do disco da nova voz da música galega. Alba María, a artista viguesa que está revolucionando as composicións en galego, presenta no Auditorio do Concello de Vigo o seu primeiro e premiado disco “Aínda”. Será este […]

Un Magosto no Gaiás para o baile

aCentral Folque encárgase un ano máis da dirección artítica do Magosto no Gaiás , desta volta coa organización dun baile con música tradicionalao vivo e obradoiros de iniciación. Por suposto tamén haberá castañas e bebidas para aguantar o ritmo.  O […]

No verán, un conto

O Centro de Interpretación da Oralidade do Servizo de Normalización Lingüística de Vigo vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais… e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas… dentro do programa “No verán… un conto”. Podes consultar aquí […]

XVI Encontro na Pontragha

   A Asociación Cultural Brisas do Quenllo pon en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual! Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, […]