O vindeiro sábado 21 de setembro ás 22:00 horas, cunha entrada anticipada de 5€, concerto de Alejandro Vargas trio e a cantante Rosa Cedrón, co espectáculo “Chané na Habana”, no Var Con Uve
dentro do programa promovido pola AGADIC da Rede Galega de Música ao Vivo. Concerto no que o cuarteto fará un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo de 2017 no Auditorio de Galicia. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917.
O elenco artístico:
- Alejandro Vargas: piano e arranxos
- José Manuel Díaz: contrabaixo e arranxos
- L.A.R. Legido: batería
- Rosa Cedrón: voz
“Chané na Habana” é o espectáculo musical d’aCentral Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento no 2017.