Chané na Habana, o disco ante os medios

Este xoves 26 de outubro ás 12:00 horas no Teatro Colón da Coruña Presentamos Chané na Habana, o disco co que 16 músicos de Galicia e de Cuba -tamén de España, de Hungría, de Xapón ou de Romanía- homenaxean o xenial compositor, figura fundamental da Historia da Música Galega.

A presentación contará coa participación de:
– O músico cubano Alejandro Vargas e a cantante galega Rosa Cedrón, que ofrecerán en exclusiva para a prensa asistente un petisco do espectáculo
Xaquín López, director – xerente do Auditorio de Galicia
José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña
Raquel García Abuin, concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización de Rianxo
Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña

Conducirá o acto Ramon Pinheiro, director artístico do proxecto

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario