Uxía e Alba María, dúas das voces máis representativas do panorama actual da música galega, xuntas por primeira vez.
A madurez de Uxía e a frescura de Alba María xuntaranse o vindeiro luns 13 de xullo en Foz, no Festival “Coa Nosa Fala”. Uxía ofrecerá un concerto con Narf, Fran Perez, presentando as “Baladas da Galiza imaxinaria”. Alba María tocará coa súa banda, a cuarteto, o seu primeiro disco “Aínda”.
Ambos os concertos poderán desfrutarse de balde o vindeiro luns 13 a partir das 22h no Campo da Cabana, en Foz.