Comezo da XII Zona da Zanfona

SobreRodasEste mércores 27 de xullo dará comezo a duodécima edición do Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo, que por vez primeira se celebrará en verán. A xornada contará con tres actos de grande relevancia: o concerto ambulante de Sobre Rodas na feira semanal na praza de Castelao desde ás 12 horas; a inauguración da exposición “Zanfonistas de Castelao” comisariada polo Fondo Musical de Rianxo na Biblioteca Municipal; e o lanzamento do disco “Cantos de cego da Galiza e Portugal” de Ariel Ninas e César Prata tamén na Biblioteca Municipal a partir das 20 h.

Dará así comezo a unha nova edición do Encontro onde tamén se ofrecerán cursos de iniciación, de perfeccionamento, concertos e palco aberto para zanfonistas.

Para saber máis detalles, pica nos eventos creados ao efecto:

 

A feira, un dos lugares onde se escoitaban as zanfonas durante sZanfonistasCastelaoéculos, volverá ser escenario da mostra deste instrumento da man de dous dos máis senlleiros tocadores do país: Carlos do Viso e Luís Correa “O Caruncho”. Terá lugar a partir das 12 h na praza de Castelao, no corazón da vila mariñeira de Rianxo.

“Zanfonistas de Castelao” é unha exposición comisariada polo Fondo Musical de Rianxo que se poderá desfrutar durante todos os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste). Inaugurarase o mércores 27 de xullo na primeira xornada do Encontro ZdZ ás 20h na propia biblioteca. 

O traballo é o resultado dunha parceiría entre o zanfonista galego Ariel Ninas e o cantor portugués César Prata. Son 16 temas galegos e portugueses reinterpretados da tradición oral da literatura de cordel, relatos que ceguiñas e ceguiños levavan de vila en vila para facer o sustento da súa vida.

O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de RianxoCapa_CD_Cantos de Cego_prelo.indd ás 20 h coincidindo coa inauguración da exposición “Zanfonistas de Castelao” e contará coa presenza e a interpretación musical de Ariel Ninas.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario