O colectivo de libraría e editorias de Santiago, Compostela Literaria, organiza para os próximos 25 de marzo e 8 de abril, dous obradoiros dirixidos a todas as persoas relacionadas co mundo do libro en Santiago de Compostela e comarca:
Dereitos de Autor@ e contratos editoriais, con Zoila Gulin o sábado 25 de marzo, no Centro Sociocultural de Fontiñas, en horario de 17 a 20h. Zoila Gulin é avogada, especializada en Dereito de Autor e Xestión da Innovación e a Creatividade.
E tamén estoutro: Redes Sociais e comunicación online, con Antía Paz o sábado 8 de abril, no Centro Sociocultural de Fontiñas, en horario de 17 a 20h. Antía Paz é estratega de marketing online e xornalista.
As prazas son limitadas.
Matrícula un curso: 20€
Bono dous cursos: 30€
Fianza para a inscrición: 10€
Para a inscrición é preciso depositar unha fianza de 10€ antes do 22 de marzo e 5 de abril respectivamente, na sede social de Compostela Literaria (rúa Gómez Ulla nº 4, baixo).
É posible preinscribirse no email compostelaliteraria@gmail.