Este vindeiro venres 5 de outubro ás 21 horas no Auditorio de Galicia teremos un concerto especial para presentar o novo curso da escola da’aCentral Folque en Santiago de Compostela con alumnado, mestres, mestras da escola e convidados especiais. A entrada é libre.
O Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia será un recital con actuacións de músicos da escola, mestres e alumnado que os últimos anos teñen aprendido no centro e grupos afíns: Pablo Castaño + Mauricio Caruso, Paulina Ceremuzynska, Óscar Fernández e Henrique Quintela, Sergio de la Ossa, Serxio Cobos e a EMPA #02 que presentarán temas do disco publicado recentemente nas plataformas dixitais, resultado do traballo do curso pasado do Curso Maxistral.
O convite especial deste ano será o grupo Gergelyes e as súas danzas húngaras; participarán nun dúo inédito o o saxofonista Pablo Castaño, que vén de editar con aCentral Folque o seu primeiro disco como líder de banda (Pablo Castaño Quartet) centrado no canto libre de tradición oral galego por excelencia -o alalá- co guitarrista Mauricio Caruso Contarán cunha das alumnas de canto da escola, Alba Costa, na voz pra un tema tamén especial.