Este vindeiro martes 20 de outubro presentarase en acto público e de balde o novo proxecto docente d’aCentral Folque, a Escola de Música Popular e Avanzada en Santiago de Compostela que abre as portas o venres 30 de outubro co inicio do novo curso académico. O acto será un concerto presentado por Xurxo Souto e terá como convidados a algúns dos mestres que impartirán aulas:
- Óscar Fernández
- Alejandro Vargas Trio
- José Manuel Díaz
- Alba María
- The Delightful Companion
- Óscar Ibáñez Trio
A entrada é libre até completar aforo na sala Mozart do Auditorio de Galicia.
Será unha oportunidade para ver algunhas propostas estéticas polas que aCentral Folque aposta desde hai 15 anos, unha ollada renovada ás músicas de raíz como unha linguaxe universal que conecta as tradicións das culturas do mundo. Deste xeito haberá espazo, tanto neste concerto coma na escola ao longo do ano, para ao repertorio máis clásico (Oscar Ibáñez trio sobre temas de Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó), o máis vangardístico (variacións improvisadas sobre melodías populares de The Delightful Companion), o jazz máis internacional (co Alejandro Vargas Trio ou José Manuel Díaz), a renovación da música tradicional (coa zanfona de Óscar Fernández), ou os cantos ao improviso e as letras da nova canción galega (con Alba María).
A Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA) é o centro de estudos regulares que aCentral Folque ten en Santiago de Compostela cunha oferta variada e especializada en diferentes eidos do patrimonio musical galego, con dous itinerarios diferenciados con cadanseu programa de estudos propio:
Uuuuuuhhhh beeeeen
Beeeeen pole ceeeeentrallll
ali estaremos