Concerto para un novo curso

cartazconcertoempa_webEste vindeiro mércores 26 de outubro organizamos un concerto de presentación da escola para o curso académico 2016/17. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e con entrada de balde ás 21 horas. O recital contará con mestres e alunado da escola para mostrar algunhas das estéticas arredor da música tradicional contemporánea que desenvolvemos na Escola de Música Tradicional e Avanzada (EMPA).

Artistas que actuarán esta noite:

  • Alejandro Vargas Trío (Alejandro Vargas piano, Pablo Pérez contrabaixo e Carlos Freire, batería)
  • Pablo Sanmamed Trío (Pablo Sanmamed contrabaixo, Iago Mouriño piano e Bruno Couceiro batería)
  • Paulina Ceremuzynska, canto
  • Sergio Cobos, danza
  • Blanco e Goás, (María Blanco violino e Gon Goás guitarra)
  • Alba María, voz
  • Ariel Ninas, sanfona
  • Carme da Pontraga, voz e pandeireta
  • e o Combo Folque, pequena ensemble saída o curso pasado do Curso Maxistral

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario