Concerto presentación EMPA 2017-18

Este vindeiro martes 10 de outubro presentamos en concerto no Auditorio de Galicia un novo curso da Escola de Música Popular e Avanzada para o ano académico 2017-18. Faremos unha rolda ante os medios o luns 9 no pazo do concello acompañadas da concelleira de Cultura, Branca Novoneira. Ademais o concerto de presentación con alunado e mestres da escola coma Alejandro Vargas, Alba María, Paulina Ceremuzysnka ou Óscar Fernández e como convidada especial Rosa Cedrón que interpretará unhas cancións de José Castro “Chané” para voz e piano no centenario da súa morte. Este concerto acontecerá ás 20.30 horas con entrada libre na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

O proxecto docente aCentral Folque hai máis de quince anos (daquela o Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Lalín) abre un ano máis as súas aulas. Agora denominado Escola de Música Popular e Avanzada, é un lugar para a aprendizaxe, a práctica e a relación arredor da música de raíz galega cun enfoque contemporáneo e aberto. Oferta ensino en disciplinas coma baile, canto, frautas, sanfona, violino, harmonía aplicada, solfexo, regueifa,… para calquera persoa interesada en aprender algo novo ou o Curso Maxistral para músicos iniciados que queiran coñecer a música galega tradicional con aprendizaxe en historia, análise musical, repertorio e arranxos. Puntualmente organízanse Cursos Monográficos sobre cuestións moi específicas coma afinación, repertorio de canto dalgunha zona específica, cajón flamenco, reglaxe de zanfona, etc…

A escola de aCentral Folque é un centro de ensino dinámico no que prima a calidade da relación entre mestre e alunado. A súa metodoloxía baseáse na transmisión do legado da música popular galega e no acompañamento d@ alumn@ na procura da súa propia voz dentro da escena contemporánea.

+ info:

http://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-musica-popular-avanzada/

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario