Concertos XVI ZdZ 2020

Zona da Zanfona 2020 cumple dezaseis anos e continúa a presentar espectáculos onde a zanfona teña un protagonismo especial.

Para esta edición escollemos artistas do estado cun programa especial para cumplir cos protocolos de sanidade, hixiene e distanciamento físico que a situación require. Serán de balde mais é preciso unha inscrición previa para contabilizar e repartir o número de asistentes no Auditorio de Rianxo (Avenida dos Autores da Rianxeira, SN, zona do porto). Podes consultar os detalles máis abaixo.

Os concertos atenden a un criterio de especialización (o virtuoso Efrén López e as músicas mediterráneas), popular (o repertorio tradicional galego do dúo Sobre Rodas e a dramaturxia de Os Monifates) e as novas expresións recreadas (trío É Romance sobre o romanceiro tradicional ibérico). Esta edición non contará co concerto do “Palco Aberto”, unha mostra das escolas de zanfona do país.

Se queres saber máis de cada evento, pica nas ligazóns:

Concertos ZdZ

Venres 3 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h

Sábado 4 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h

Inscrición e información xeral:

  • O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
  • Debes enviar un correo electrónico coa seguinte información: nome, enderezo electróncio, teléfono de contacto e número de persoas e se son de convivencia habitual
  • A reserva das entradas é para persoas individuais ou grupo de convivintes (máximo 5 persoas)
  • Enderezo electrónico: auditorio@concelloderianxo.gal
  • Teléfono alternativo: +34 664 183 217

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Maria Teresa Leira Alvarez

    asistirei encantada!!!!!

Deixa un comentario