Conversa sobre dereitos autorais na EMPA

Este 21 de abril de 2017 ten lugar unha sesión especial sober dereitos autorais para músicos para a profesionais da edición discográfica e escénica no que pretende ser unha conversa entre dous especialistas sobre a materia: Zoila Gulín e Xavier Alonso. Na que debatirán diferentes modelos e realidades para coñercermos sobre os dereitos de autor que como artistas e creadores, os músicos enfréntanse na vida cotiá.

Xavier Alonso é avogado e especialista en Propiedade Intelectual. Domina os aspectos legais do negocio musical e a xestión dos mesmos. Envolvido en diversas empresas de xestión cultural desde hai anos e na dirección da Fundación da Illa de San Simón.

Zoila Gulín é avogada especializada en Dereito de Autor e Xestión da Innovación e a Creatividade na análise sobre os dereitos de autor,  a creación e a creatividade e de ferramentas xurídicas básicas aos creadores / -tivos.É a responsável do interesante blogue Tanque de Zinc (http://tanquedezinc.blogspot.com.es/)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario