Carlos Suárez imparte este interesantísimo obradoiro de electrónica creativa DIY esencialmente práctico no que se procura unha reapropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto). E tamén a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc).
#SonidosReciclados#MicrófonosDeContacto#ExperimentaciónSonora#CircuitBending#ElectrónicaCreativa#DIY
Curso de 12h entre o 4 e o 5 de xullo en alg-a lab (Valadares, Vigo)
DESTINATARIOS: O curso vai dirixido a: músicos de calquera xénero musical, artistas sonoros e curiosos con ganas de novas experiencias acústicas e en busca dun son máis persoal. Así como a público interesado na exploración do son, a creatividade, DIY “fai o ti mesmo”. Profesionais ou non.
PRECÍSASE INSCRIPCIÓN PREVIA: alg-a lab
MATERIAIS E FERRAMENTAS
Suxírese aos participantes recoller materiais e obxectos servible ou inservibles que encontren no seu ámbito, adaptadores de corrente, madeira, teléfonos, xoguetes vellos, raios vellas, altofalantes, etc, etc. Ademais de ferramentas como trade, serra de madeira, desaparafusadores, martelos, pinzas, etc, etc. Isto axilizase moito o desenvolvemento do traballo.
PROGRAMA
- Introdución. Demostración de diversos instrumentos, videos e imaxes.
- Sons Reciclados: dende a rama dunha árbore até refugallo dunha bici.
- Construción de micrófonos de contacto e cables de conexión.
- Experimentación sonora con materiais e micrófonos de contacto.
- Recoller obxectos, recoñecer materiais, comprender as caixas acústicas.
- Instrumentos preparados: Novos sons para instrumentos antigos.
- Circuit Bending: curto circuíto aplicado
- Estratexias electrónicas sinxelas.
- Electromecánica; motores, vibración, autómatas sonoros.
- Altofalante preparado: Facendo música con retroacción.
Carlos Suárez
Compositor e etnomusicólogo. Galego – Venezolano. Naceu en Ourense en 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (mención electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente nas áreas culturais afroamericana do caribe e indíxena do Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Transcribiu máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF e FINIDE (Fundación internacional de etnomusicología) durante 10 anos. No ano 2006 gana en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro (Os chimbángueles de San Benito?). No ano 2003 retorna a Galicia, iniciando os seus estudos da paisaxe sonora galego co colectivo escoitar.org. Realizou máis de 60 concertos e presentado as súas obras en: Brasil, Colombia, Perú, Chile (Ai-Maako, Tsonami) Venezuela (FLM, TTC), Arxentina (Tsonami, CCE), Uruguai (CCE), Portugal (Binauralmedia, Miso Music), Italia (Emufest), Francia (Festival Bourges, Elektrophonie), Alemaña (Dar Kleine Field Recording Festival) México (Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, CCE) USA (Experimedia) e España (MARCO, MACUF, LIEM, Arteleku, SOAR, Telenoika, Experimentaclub+LIMb0).