A Universidade de Santiago de Compostela, están a ofertar un Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural, dirixido por Isabel Neira, profesora da Facultade de Económicas. Este programa pretende cubrir un baleiro obxectivo na oferta formativa de Galicia co obxetivo de facer un programa de formación superior en xestión cultural que axude a mellor vertebrar o sector cultural galego, xerando unha comunidade de reflexión e intercambio.
Este Curso está inscrito nos programas de formación continua da USC, polo cal presentará un enfoque máis práctico e aplicado que académico. Irá destinado a profesionais en activo, desempregados, dinamizadores / amantes da cultura e estudantes que queiran orientar a súa vida laboral neste eido. Contémplase un sistema de prácticas (optativas) en empresas e diversas institución culturais do país.
Podes ter máis información de matrícula, módulos e mestrado nestas ligazóns: