Curso(s) de gaita n’aCentral Folque

O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de gaita con tres mestres destacados que se pode cursar por separado. Paulo p. (gaita erudita), Pedro Fariñas (gaita folk) e Óscar Ibáñez (gaita anterga) estarán en Santiago de Compostela entre marzo e maio para ofrecer tres visións diferentes sobre este instrumento para estas aulas colectivas.

Detalles:

  • Duración: 6 horas (cada curso, 3 horas por sesión)
  • Prezo: 120 € todo o curso (45 € cada curso por separado)
  • Datas: Paulo p (25 de marzo e 1 de abril); Pedro Fariñas (8 e 22 de abril); Oscar Ibáñez (20 e 27 de maio)
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 16 a 19 h (agás o de P.Fariñas, de 17 a 20h)
  • Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Sinopses:

Paulo p.

Curso: Técnica, repertorio e historia da gaita de fole nas músicas eruditas

Técnica, repertorio e historia da gaita de fole sobre unha perspectiva sutil ao tempo que abrangente. Concebido e estruturado para, partindo desde os elementos rudimentares, dotar ás alunas de recursos e ferramentas imprescindíveis para a construcción dunha aparellaxe técnico-interpretativa sólida. Preténdese unha formación que permita abordar o exigente repertorio da ‘música seria’ do instrumento, nomeadamente o anterior a 1800. Especial atención merecerá, chegado o momento, o papel da gaita na música contemporánea, a súa existencia, as necesidades técnicas da intérprete, os problemas relacionados coa composición e interpretación pseudo-contemporánea, e aínda outros.

Breve biografía:
É licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, Portugal; Licenciado em Historia e Ciencias da Música; titulado em Educación Musical pola Universidade de Vigo; diplomado co Título Profesional de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; realizou o Curso de sanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. A súa actividade musical pública como intérprete desenvólvese a traves de tres instrumentos: flauta de bisel, gaita e sanfona; incidindo no repertorio ‘historicamente informado’ e no contemporáneo. Tamén forma parte do consort de flautas A imagem da melancolia (www.aimagemda-melancolia.net). É chamado para actuar regularmente como solista ou con outros grupos presen- tando programas de música antiga ou contemporánea.

Pedro Fariñas

Curso: Técnicas e repertorios da gaita galega nas músicas folk

Traballarase en base ao repertorio das músicas tradicionáis europeas, incluíndo a música tradicional galega.
Conceptos que se traballarán: Presión ideal do fol directamente relacionada co son e a afinación; Diferenciación  de articulacións e ornamentacións dependendo da música que esteamos a tocar; A Heterofonía nas músicas tradicionáis; Tonalidades habituais nas músicas folk, e como abordalas coa gaita: Elección da afinación do punteiro (C5, G4, A4…) e posibles combinacións de bordóns , Problemas de ámbito coa melodía dada e como arranxala dun xeito creativo, Variacións melódicas e improvisacións nas melodias. (aumentación, diminución, desplazamentos rítmicos e intercambios modáis).
Breve biografía:
Pedro Fariñas é titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia acadando unha matrícula de honra no concerto fin de carreira. Complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando highlandpipe e whistle. É gañador de numerosos concursos de gaita solista tanto en Galicia como a nivel internacional como o Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient 2011 (France), Concurso de gaiteiros solistas Concello de Vigo (2011), Memorial Manuel Dopazo (2010), Memorial Manuel Villanueva (2009), Premio HonorÌfico David Russel no Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2006), etc. Na actualidade é membro da banda de folk TRIM, co que gravaron o seu primer álbum no 2014 que da nome a propia banda. Con este disco, foron gañadores dos Premios Opinión da Música de Raíz co mellor álbum e a mellor canción (Capsicum Modum) no ano 2015.

 

Oscar Ibáñez

Curso:  Técnicas e repertorios da gaita “anterga”

Curso sobre os xeitos e repertorios conservados da gaita galega no século XIX  e transmitido aos nosos días, especialmente no toque pechado dos gaiteiros da zona de Pontevedra, Manuel Villanueva, Xoán Tilve e Ricardo Portela. A aula consiste nun especializado aprendizaxe en repertorio e técnicas antigas da gaita galega abranguendo todos as aspectos na aprendizaxe do instrumento: organoloxía, tempero, afinación, notación, ornamentación, dixitación pechada, repertorio histórico…

Biografía

Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega. Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.  Dende 1995 dirixe o “Grupo de Música Tradicional Pai da Cana”. Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada. En 2008 crea a Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, unha iniciativa para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra como o sistema pechado de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó ou o sistema semipechado de Ricardo Portela. É o creador e organizador do “Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste”, “MUSGAFOL” e “JUELLES: Encuentro de Gaitas Europeas”. Na actualidade está a presentar a súa nova proposta musical “Oscar Ibáñez & Tribo”, formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria. Gravou recentemente e escribiu canda Xavier Groba o livro Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó. E está a piques de publicar un disco sobre Ricardo Portela

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario