Cursos harmonía, conxunto, improvisación

CursoHarmoniaVargas_webAlejandro Vargas impartirá dous cursos complementarios aos que se pode asisitr independemtemente de harmonía e de conxunto e improvisación dentro da oferta pedagóxica da Escola Livre da MPG. Ao longo de once sesións, explorarase o universo da harmonía aplicado ás músicas populares dun xeito diferente en aulas de teoría aplicada e con práctica nos talleres de conxunto e improvisación. Este non é un curso ao uso da harmonía do jazz ás músicas folk senón unha apertura ao mundo harmónico para entender e experimentar sobre as cores e novos conceptos sonoros fóra da melodía e a estructura horizontal da música.

DETALLES

Duración dos cursos

  • Harmonía: 16 h + 6 h audición
  • Conxunto e improvisación: 6 h

Horarios

  • Harmonía e Conxunto: 10.30-12.30
  • Audicións: 17-19h

Lugar

CSC A Trisca, Santiago de Compostela

Corredoira das Fraguas, 92. Bairro San Pedro/Belvís:

http://www.folque.com/01.140415wp/locations/csc-a-trisca/

Calendario

As aulas son colectivas sempre en sábado.

  • 28 marzo: harmonía
  • 11 abril: harmonía e audición
  • 18 abril: harmonía
  • 25 abril: harmonía e audición
  • 2 maio: conxunto
  • 9 maio: harmonía e audición
  • 23 maio: harmonía
  • 30 maio: conxunto
  • 6 xuño: harmonía
  • 13 xuño: conxunto
  • 20 xuño: harmonía

Inscrición

Escribe un mail a matricula@folque.com pra reservar a túa praza.

O pagamento do curso faise antes de comezar o mesmo por transferencia bancaria.

Prezo

  • Curso Harmonía: 140 €
  • Curso improvisación: 40 €
  • Curso completo: 160 €

Contidos xerais

Arquitectura da Harmonía : Deseño en papel branco dos diferentes debuxos da escritura musical e os xeitos en que a súa forma foron enchendo o papel de puntos e raias até a (re)aparición novamente do papel en branco .

Simboloxías : Notas  , Barras , Espazos,  Xeometría e Medicións : Valores Matemáticos da estrutura e combinacións rítmicas .

Harmonía da cidade : Gravación espontánea da cidade a libre elección para traballar  a composición entre todas e os distintos conceptos estudados anteriormente .

Pentagrama : Superficies ou plataforma : Isto estuda literalmente onde descansan as notas , ou sexa o que máis adiante coa intervención da primeira vista empezariamos a apreciar coa condición de música . Tamén se estudará como nalgunhas outras formas de pentagrama ou superficie desaparecen as liñas e a construción de notas nas superficies cambian .

Conxunto : tocar a experiencia en clases  e seleccionar algunhas pezas para facer un concerto .

 

AleVargas2ALEJANDRO VARGAS, breve bio

Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2ellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario