O concello de Redondela por medio do seu concelleiro de cultura Xabier Alonso, agasallou ao alunado da Aula Maxistral da EMPA (Escola de Música Popular e Avanzada) que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela cun exemplar do volume duplo “Casto Sampedro e a música do cantiguiero galego de tradición oral” de Xavier Groba. Este musicólogo é o maior estudoso da faceta compiladora de D. Casto Sampedro e o seu legado nos fondos do Museo de Pontevedra que investigou durante vinte anos e constituíu a súa tese doutoral, disponível online, publicada en papel no 2012 polo concello de Redondela en dous volumes. Un presente moi especial para un final de curso académico deste primeiro ano de Aula Maxistral, pioneiro na pedagoxía musical galega que inauguramos este ano 2015-16 no Auditorio de Galicia.
En breve resumiremos as actividades deste ano e anunciaremos as novidades para o curso vindeiro cao apertura de prematrícula para toda persoa interesada en afondar na nosa música patrimonial cun enfoque contemporáneo e vivo.