Efecto Proximidade 2017 en Salgueiriños

O vindeiro xoves 28 de decembro de 2017, aCentral Folque baixo o impulso, patrocinio e proposta da Concellaría de Mercados e Promoción económica do Concello de Santigo, vai celebrar unha nova sesión do “Efecto Proximidade”, un programa de dinamización do Mercado de Salgueiriños. As accións terán lugar nunha carpa montada dentro do mercado para o público familiar con degustación de caldos, pasarrúas e concerto de Natal: Concerto no Mercado: “Cantos de Cego da Galiza e Portugal” de Ariel Ninas e César Prata.

A proposta de dinamización pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos que dan continuidade as dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños postas en marcha desde 2015 dentro do programa Efecto Proximidade tendo en conta aos actores e axentes locais. A divulgación do mercado de Salgueiriños como espazo diferenciado entre o público xeral que non adoitan ir a ese lugar habitualmente.

PROGRAMACIÓN

A programación realizarase no xoves 28 de Natal, en horario de mañánunha carpa montada especialmente para tal efecto na esplanada de Salgueiriños.

11:00-12:00 h: Pasarrúas polo mercado de Salgueiriños a cargo da banda compostelana Habelas Hainas

11:00-12:30h: Espazo infantil de xogos tradicionais na carpa activa da man da cooperativa Miudiño.

12:00: 13:30: Degustación de caldos e cremas quentes gratuitos.

12:30-13:30: Concerto no Mercado: Cantos de Cego da Galiza e Portugal de Ariel Ninas e César Prata.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario