Efecto Proximidade de Nadal 2016

epnatal16Este vindeiro xoves 22 de decembro terá lugar a última acción do ano do programa Efecto Proximidade no Mercado de Salgueriños que o Concello de Santiago promove nesta singular feira semanal. A xornada contará máis un ano cun concerto de flamenco, logo do suceso do nadal pasado de Marcos Teira. Desta volta será o VIGO Distrito Flamenco, un proxecto liderado por Cuchús Pimentel. Ademais haberá animación de pasarrúas polo mercado cos Emijrantes (Émijran.beat), degustación de sopa quente e actividades para as crianzas.

O Efecto Proximidade nace do interese do concello de Santiago de Compostela por dinamizar unha das feiras máis coñecidas na cidade que cada xoves enche a esplanada da rúa de Melide ao norte da cidade con postos de textis, plásticos, libros, música, variedades, e desde este verán con produtos alimenticios. As accións de dinamización buscan achegar ao público do mercado propostas de lezer e cultura e atraer a outras persoas ao entorno da feira.

Programa completo para o 22 de decembro:

  1. 12 h Pasarrúas con Emijrantes (Émijran.beat)
  2. 12h. Decoración facial para crianzas
  3. 12.30 h Degustación de sopas
  4. 13 h. Concerto de Cuchús Pimentel “Vigo Distrito Flamenco”
  • Cuchús Pimentel: guitarra
  • Mónica Bermúdez: cante
  • David Rdríguez “Cachito”: cante
  • María Rial: baile
  • Moisés Fernández: percusión

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario