EMPA #02: botar a música a pacer
O Curso Maxistral da Escola de Música d’ aCentral Folque trae ao mundo este segundo disco, produto da aprendizaxe sobre as músicas patrimoniais de Galiza e gravado en xuño de 2018. Da man de EMPA #02 navegamos pola música galega nas composicións académicas, como as de José Pacheco; os organistas e mestres de capela, como Diego Antonio Machado; os gaiteiros históricos, como o gaiteiro de Campañó; ou os compiladores máis excelsos, coma Casto Sampedro. Sobre os arranxos dos profesores Javier María López, Alejandro Vargas e Pablo Pérez, o alumnado do Curso Maxistral constrúe estas gravacións para meter as mans na terra mollada da tradición e descubrir as árbores que forman un bosque no que investigar, interpretar, executar e botar a música a pacer.
Tocaron e colaboraron na mestura:
- Martiño Cabarcos: sanfona
- Miguel Fontenla: piano
- Alejandro Vargas: melódica e percusións
- Javier María López: frautas, voz
- Pablo Pérez: contrabaixo
Gravou e mesturou:
Ramón Campos. Estudos Cormorán na Picaraña (Padrón)
Lista de temas:
- Muiñeira do Gaiteiro de Campañó
- Mazura-rumba
- Chouteira
- Aguinaldos do Toxal
- Muiñeira para piano forte
Se queres escoitar ou mercar algún tema ou o disco enteiro estas son as ligazóns nas principais plataformas dixitais de música:
<>>>>>>>>>>>-<<<<<<<<<<<<<<>
Se non funcionan as ligazóns, podes copiar estas URLs:
Deezer:
https://www.deezer.com/album/74729222?utm_source=deezer&utm_content=album-74729222&utm_term=236503175_1539860082&utm_medium=web
Amazon:
http://amzn.eu/d/hyW297D
Google Play:
https://play.google.com/store/music/album/Escola_de_M%C3%BAsica_Popular_e_Avanzada_Empa_02?id=Be7djm7vicnb2nqhr6da2ttau6i
Spotify Play:
.