Comezaron os seminarios especiais na Aula Maxistral da EMPA, desta volta unha sesión intensiva de danza con Carme da Pontragha Iglesias sobre o baile de xota. Dúas horas prácticas para o alunado deste curso sobre este xénero que tivo lugar no palco da Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta semana a oportunidade de aprendizaxe directa con mestras de recoñecido prestixio e solvencia, será sobre a técnica de canto coa especialista Paulina Ceremuzynska, cantante polaca afindaca en Galicia.
Carme Iglesias é natural de A Pontraga (Tordoia), fórmase como bailadora e tocadora no seo da Asociación Cultural Brisas do Quenllo en Tordoia. Ten unha especial importancia na súa formación o contacto ca xente maior do lugar que aínda lembraba a música dos
seus tempos mozos, a partir do cal comeza a realizar recollidas de campo por todo o seu municipio. Co tempo pasa a constituír, xunto con outras compañeiras, o grupo de pandereteiras Bouba. Será máis tarde cando comece a adicarse á ensinanza de música e baile tradicional, primeiro dentro da propia asociación á que pertence, onde aínda continúa a dar aulas a xente de tódalas idades. Leva, desde o ano 2010, impartindo clases por diversas zonas da comarca (Anxerís, Trasmonte, Parada etc.); e realizando obradoiros de baile e canto por diversas escolas de infantil e primaria. Nos últimos anos está a impartir aulas de pandeireta e canto como actividade extraescolar, e por diversos centros sociais e culturais da provincia da Coruña ademais de participar activamente na organización de eventos de dinamización cultural arredor da cultura tradicional coma a Romaría de verán da Pontraga ou o Serán de Cabaleiros, referencias da música tradicional en Galicia.