Encontro Zanfunki & Regueifunki

zanfunkiO mestre da Escola de Música Popular e Avanzada, Óscar Fernández, organiza un encontro para músicos  en Gandarío arredor da regueifa e da zanfona o vindeiro sábado 21 de maio. Unha xornada de encontro, reencontro á procura de experiencias musicais en grupo. O formato son dous cursos, un para zanfona e outros instrumentos dirixido por Óscar Fdez e David Lourido e outro de improvisación oral con Alba María.

As actividades propostas e a escoller:
1_ Obradoiro de Funk dirixido por Oscar Fernández e David Lourido (baixista especializado en Funk e Reagge).
Grooves clásicos de Funk escollidos especialmente para ensemble de Zanfonas e ¿outros instrumentos?
(Outros instrumentos, baixo consulta previa)

2_ Obradoiro de Regueifa e composición de Coplas coa regueifeira e Cantautora Alba María:
Aprenderanos a facer as nosas propias coplas para lucir nas regueifas ou as foliadas…

Os obradoiros faranse de 16:00 a 20:00 entre as 16h e as 20h.

Localización, Praia de Gandarío (Bergondo):
Albergue de Gandarío: Aulas para os obradoiros e aloxamento. (Só durmida).
Bar-Camping MaryCampo : Cea e festa nocturna. (A 100 metros do Albergue)

Precios:
Aloxamento: 13€ /10€ (+/- de 30 anos)
Cea 10€
Obradoiro Funk 20€
Obradoiro Regueifa 15€

Información e Reserva:
Enviade e-correo a fraioscar@yahoo.es para reservar-confirmar a asistencia indicando:

Nome:
Nº de tfno:
Correo Electrónico:
Cea Si/Non:
Durmida Si/Non:
Obradoiro: Funki ou Regueifa:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario