Encontros musicais no Faramello

Cultura Imperdible organizan estes Encontros Musicais que se celebrarán nos fins de semana no pazo do Faramello de xuño en Rois, nos arrabaldos de Compostela coa presencia de Xabier Díaz (trad), Sumrrá (jazz), Miguel Flores (flamenco), Trim (folk).

Tocamos diferentes estilos musicais e tódalas xornadas se completan cunha visita guiada ao Pazo e cuns pinchos e unhas copiñas de bo albariño. Estes Encontros son unha producción 100% privada, levada a cabo grfaramelloacias ao magnífico equipo de traballo e colaboradores que se implicaron nos eventos, ás bodegas Don Olegario, que ofrecen un pequeno patrocinio económico, e como non, aos propios músicos.

Pero realmente contan co público potencial, para o seu financiamento e continuidade.

As datas son:

  • Sábado 7 de xuño: Xabier Díaz (trad)
  • Sábado 14 de xuño: Miguel Flores (flamenco)
  • Sábado 21 de xuño: Sumrrá (jazz)
  • Venres 27 de xuño: Trim (folk)

 

E máis información aquí:

https://www.facebook.com/events/307326989422608/
http://www.pazofaramello.com/
http://www.culturaimperdible.com/

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

2 Comments

  1. graciñas pola difusión! só avisarvos que houbo un cambio de última hora: o concerto de Sumrrá será o día 21 e o de Miguel Flores o 14. Graciñas!!

Deixa unha resposta a Ines Cancelar a resposta