Ensino n’aCentral Folque: curso 2016/17

cartel escola17.cdrXa está aberto o prazo de matrícula para os cursos que oferta aCentral Folque para a Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA). Dous itinerarios que seguir adaptados ás necesidades de todas aquelas persoas que queiran achegarse, profundizar ou iniciarse na música popular galega.

Este ano hai novedades con respecto ao curso pasado como a creación dun coro de voces e dun combo instrumental para o alunado da escola; o inicio do segundo ano do Curso Maxistral ou a oferta nas aulas colectivas de novas especialidades coma Baile ou Canto con percusión. Podes ver todos os detalles no espazo adicado á escola da web www.folque.com.

Máis de vinte especialistas en activo impartirán o ensino de diversos coñecementos sobre a música popular. Mestres permanentes de ensino regular coma: Alejandro Vargas, Carlos Freire, Alba María, Óscar Fernández, Roberto Sala, María G. Blanco, Ramon Pinheiro, Pablo Pérez,  Sergio de la Ossa, Paulina Ceremuzynska, Serxio Cobos, Javier María López ou convidados para seminarios especiais coma Dorothé Schubart, Fernando Abreu, Tomás Ageitos, Olga Kirk, Quique Peón, Felisa Segade, Paulo p, Óscar Ibáñez, Pedro Fariñas, Xavier Groba, Carme Iglesias, Jose Luís do Pico, Rosalía Rodríguez, David Bellas,…

A Escola de Música Popular e Avanzada oferta dous itinerarios: un para especialización instrumental con aulas individuais (sanfona, violino, frautas, canto e técnica vocal, percusión) e aulas colectivas (gaitas, baile, canto e percusión, linguaxe musical, harmonía, regueifa) e outro itinerario coma un curso maxistral de dous cursos arredor das formas da música popular galega con materias prácticas e teóricas coma repertorio, análise e etnomusicoloxía, historia, arranxos, composición, gravación, improvisación,…

Se queres toda a información, visita o espazo web:

Escola Música Popular Avanzada

Se precisas máis información podes escribir un mail a matricula@folque.com ou chamar ao teléfono +34 698 144 852

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario