Info Xeral:
As aulas de aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento e estas aulas están pensadas para afondar nalgún aspecto específico da interpretación, repertorio e xeitos propios de abordar a habelencia en diferentes eidos da práctica musical. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ao alunado en cada unha das áreas e dos estilos que mostran.
- As aulas do curso 2025/26 comezarán a partir do mércores 8 de outubro e rematarán o sábado 27 de xuño. Son 32 sesións en total ao longo do curso académico.
- BAILE
Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves tarde de 17.00 a 18.00 (iniciación) // 18.00 a 19.00 (avanzado)
- VIOLINO
Mestre: Carlos Quintá
Lugar: CSC Trisca
Horarios: Mércores tarde de 17.00 a 21.00
- CANTO E PANDEIRETA
Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves de 19.00 a 20.00
Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí
Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí
Se queres saber os prezos e como matricularte, pica aquí



