Aulas colectivas

EMPA_15_navalla*EN BREVE ANUNCIAREMOS AS NOVIDADES E PRAZOS E PREZOS PARA ESTE CURSO 2020-21 COS DETALLES NA NOVA REALIDADE

As aulas de aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento e estas aulas están pensadas para afondar nalgún aspecto específico da interpretación, repertorio e xeitos propios de abordar a habelencia en diferentes eidos da práctica musical. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado en cada unha das áreas e dos estilos que mostan.

As aulas do curso 2020/21 comezarán o venres 9 de outubro e rematarán o sábado 17 de xuño.

  • BAILE

Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves tarde de 16 a 17.30h (iniciación); 17.30 a 19h (grupo I);  de 19 a 20.30 h (grupo II)

  • HARMONÍA NA MÚSICA POPULAR CONTEMPORÁNEA

Mestre: Alejandro Vargas
Lugar: Auditorio de Galicia
Horarios: venres tarde ás 18 h

  • LINGUAXE MUSICAL (MÉTODO KODÁLY)

Mestre: Sergio de la Ossa
Lugar: Auditorio de Galicia
Horarios: venres tarde (se non podes ese día, comunícanos a túa disponibilidade para ver se é posíbel facer un grupo outro día da semana)

  • ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAIS

Mestre: Sergio de la Ossa
Lugar: Auditorio de Galicia
Horarios: sábado mañán (desde outubro e cada 2 semanas: 13 sesións de 4 h cada unha)


Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí

Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí

Se queres saber os prezos e como matricularte, pica aquí

Comments are closed