Formación continua

EMPA2015_16_web_continuaO Curso de Formación continua en canto e práctica instrumental, herdeiro da Escola Livre da MPG, está pensado para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar á alumna das habilidades básicas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais, servíndolle aCentral Folque de plataforma, asesoramento, punto de encontro, etc. Neste sentido, aCentral Folque promoverá a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.

 

>_AULAS REGULARES

>_ FILOSOFÍA

>_ PROXECTO CURRICULAR

>_ EQUIPO DOCENTE

>_ MATRÍCULA

Comments are closed