Equipo docente

O equipo docente do curso de Formación Continua que imparte as aulas individuais e colectivas da Escola de Música Popular e Avanzada está formada por un elenco de recoñecidos músicos da escea galega da música tradicional e folque. Son profesionais a tempo completo que en Santiago desenvolven a súa labor docente para a EMPA.


MESTRES DE AULAS INDIVIDUAIS

María G.Blanco _Violino

Estuda violín dende os 7 anos no Conservatorio Profesional de Lalín coa mestra Inara Vecbastika, logo no Conservatorio Superior de Vigo e na Xove Orquestra Sinfónica de Galicia. No Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín coñece ao mestre Quim Farinha o que a achega a outras músicas e linguaxes. Como intérprete colabora con diferentes músicos galegos e segue a formarse en música moderna e novas técnicas para o instrumento. É mestra de educación musical e adícase á docencia da música dende 2002. Como intérprete de violino conxuga as linguaxes tradicionais e clásicas, así coma dos recursos máis contemporáneos do instrumento.

Óscar Fernández _Sanfona

Personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e é un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer  de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o  ano 1998  céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional  combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos  e nos cursos da AIZ  con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…  Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.

 

Paulina Ceremuzynska _Canto

Estudou Musicoloxía na Universidade de Varsovia e Interpretación de Música Medieval na Universidade de Paris-Sorbonne. A técnica vocal perfeccionaa coa profesora Mercedes Hernández. Ten participando en numerosos cursos e masterclass cos profesores Richard Levitt e David Mason en Academia de Musica Antigua de Salamanca.  Entre outros, dirixe e interpreta proxectos musicais sobre as cantigas profanas galego-portuguesas dos séculos XIII e XIV, editados nos discos “Cantigas de amor e de amigo” (coa 2ª gravación mundial das cantigas de amor de Don Denis ) e “E moiro-me d’amor”. Cantou como solista co grupo “Malandança” dirixido por Francisco Luengo, co grupo polaco “Alienor”, e no proxecto “Estudio de Resonet”, dirixido por Fernando Reyes. É solista e directora do Grupo de Música Antiga “Meendinho”.

Roberto Sala _Frautas e requinta / Percusión

Polifacético artista especializado en instrumentos de vento: gaita, cromorno, chirimía, frautas de bico e traveseiras. Estudou frauta en Madrid con Juan Vilches. Roberto Sala é membro fundador do grupo de música antiga Martín Códax con quen gravou importantes fitos discográficos e ten tocado en festivais europeos de recoñecida traxectoria.  Tamén é o fundador do grupo Acibreira. Imparte aulas de gaita e requinta desde o 1995 para numerosos grupos do norte galego mobilizando a un importante número de músicos amadores da Mariña luguesa e Asturias. Ademais desde principios do 2000 adícase á gravación e produción no seu estudio en San Miguel de Reinante (Foz).


MESTRES DE AULAS COLECTIVAS

Sergio Cobos _Baile

Un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 20 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar); creador da música de espectáculo que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño.

Sergio de la Ossa _Linguaxe Musical, método Kodály

É mestre de Educación Musical pola USC. Trasládase despois a Hungría para completar a súa formación entre 2001 e 2004 (obtendo o novo Grao de Especialista en Pedagoxía Musical Kodály no 2010). Desde 2011 imparte a materia de ‘Folk Music’ no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét). Recibe leccións e consellos sobre transcrición e catalogación de músicas tradicionais de parte das etnomusicólogas Mária Domokos e Olga Szalay, do Instituto de Musicoloxía (ZTI) da Academia Húngara das Ciencias, Budapest. Traballa desde 2007 na transcrición, edición e arquivo do material musical pertencente ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego (www.apoi-mpg.org). Exerceu como mestre de solfexo, guitarra clásica e harmonía na Escola das Artes (Brión) e na Escola de Música Berenguela (Compostela), e tamén ofreceu cursos e conferencias sobre música tradicional, baile, xogos e a adaptación do Método Kodály á realidade galega. Ampliou o seu interese ao mundo do baile tradicional e á notación do movemento, eido no que destaca a súa participación como co-autor do libro de baile tradicional galego “Así fan os bailadores” (Dos Acordes, 2009).

Alba María _Regueifa e improvisación oral

Alba María (Gran Canaria, 1995) é unha cantora, compositora e regueifeira galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: “Aínda” (aCentral Folque, 2014). Desde os 13 anos comeza a cursar acordeón no Conservatorio de Vigo e mergúllase no mundo da música tradicional galega, desenvolvendo unha intensa actividade como improvisadora oral, eminentemente no eido da regueifa. Actualmente é alumna de canto na Escola Livre da MPG (aCentral Folque) e cursa o 1º ano na Escola de Música Popular Avanzada. Ademais, realiza estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Alejandro Vargas _Harmonía e Conxunto e improvisación

Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2014. Na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Graduado polo Instituto Superior de Arte (ISA) de La Habana, ten tocado cos mellores maestros e nos mellores escenarios do jazz internacional. O seu disco “Trapiche”, foi premiado en 2008 como mellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”


MESTRES PERMAMENTES DO CURSO MAXISTRAL aCF

Ramom Pinheiro _Historia e contextos

Ramom Pinheiro licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e director artístico da editorial discográfica Ouvirmos. Foi membro do Consello asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, e docente de Historia da música galega na Central Folque (Compostela). Ten colaborado en diversas ocasións con grupos musicais, especialmente con Chouteira. Actualmente é o Director Artístico de aCentral Folque- Centro Galego de Música Popular. Autor de varios artigos sobre historia da música en diferentes publicacións e autor do libro “A La Habana me voy. La múisca de los gallegos en Cuba” e un inminente libro sobre o repente e improvisación oral.

Xavier María López _Músicas contemporáneas

Profesor titular da especialidade de “Historia da Música” en Conservatorio. Profesor titular da especialidade de “Música” en Ensino Secundario. Como instrumentista obtén o Grao Superior na especialidade de Frauta. No eido interpretativo foi integrante do grupo “O Demo da Mouta”, “PH7”, da formación “Clavijazz”. Foi membro da orquestra de improvisación “O.M.E.GA”. Actualmente do proxecto TDC (“The Delightful Companion”). Durante varios anos foi alumno de composición de José Luis de Delás. Asistiu a cursos de música contemporánea impartidos por Tristan Murail, Phillipe Hurel, Friedrich Hass, Claus-Steffen Mahnkopf, Hugues Dufourt, Eduardo Polonio, Alberto Posadas, César Camarero, Isabel Mundry, Beat Furrer ou Toshio Hosokawa. A todo elo une unha forte formación autodidacta. O seu catálogo abrangue diferentes obras para distintas formacións de cámara ou orquestra. Algunhas foron estreadas por agrupacións como “Filharmonía de Galicia”, “Intermission duo”, “Galicia XXI”, “Quinteto Pentafonía”, “Taller Atlántico Contemporáneo”, “Ensemble s21”, “Parkensemblet” ou “Grupo Instrumental Siglo XX”, ou instrumentistas como Eliseu Mera, Javier Simó, Pablo Devigo, María José Ladra, Javier Gutiérrez, Etienne Rolin, Bruno Laurent ou Diego Ventoso.

Pablo Pérez Sanmamed_Música trad folque e repertorio

As súas músicas flúen a medio camino entre o jazz e a world music. Pablo Pérez Sanmamed é contrabaixista e compositor de ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral. Gravou máis de sesenta discos que inclúen colaboracións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Ricardo Tejero,Banda Crebinsky, 3 Azoteas, Carlos Martín, Triatone, Paraphernalia, Alfredo García quintet, SPJ, ou OMEGA entre outros. Participou en numerosos festivais,coma o Womad, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, Imaxina Sons, SONAR, Festival de L´Orient, Festival Internacional de Glasgow, Womex, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros. Entre os seus premios, o World Music en 2013 e 2016, que entrega Músicos ao Vivo.

Alejandro Vargas _Música popular urbana, arranxos e harmonía moderna

(bio ver arriba)

Sergio de la Ossa _Formas, etnomusicoloxía e análise

(bio ver arriba)


A esta lista hai que sumar un elenco de máis dunha decena de convidados que visitarán a Escola para impartir semanrios especializados en diversos ámbitos. Entre eles, temos xa confirmada a asistencia de: Dorothé Schubart, Fernando Abreu, Tomás Ageitos, Xavier Groba, Carme Iglesias, Jose Luís do Pico, Rosalía Rodríguez, David Bellas, Carlos Freire, Alba María, Óscar Fernández,…

Comments are closed