Aulas individuais

Info Xeral:

As aulas da Escola de Música d’aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado. Existen aulas individuais e aulas colectivas.

  • O reparto de horarios será acordado polo mestre co alumnado unha vez estean as preinscricións feitas e serán comunicadas ao alumnado.
  • As aulas do curso 2023/24 comezarán a partir do xoves 6 de outubro e rematarán o sábado 22 de xuño. Serán 32 sesións en total ao longo do ano

MATERIAS, MESTRES e HORARIOS:

 

  • SANFONA

Mestre: Óscar Fernández
Lugar: CSC do Romaño
Días: venres (aulas cada 15 días e ensino a distancia)

  • VIOLINO

Mestre:  Carlos Quintá
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados (CSC A Trisca)

  • FRAUTAS E REQUINTA

Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns (ou a convir axenda co mestre)

  • PERCUSIÓN

Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns (ou a convir axenda co mestre)

  • GAITA

Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns (ou a convir axenda co mestre)


Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí

Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí

Para saber prezos e matrícula, pica aquí

Apoios:

Concello de Santiago de Compostela

Comments are closed