Curso Maxistral aCF

EMPA_15_navalla*Para este ano académico 2023-24 non será ofrecido o Curso Maxistral

O Curso Maxistral de aCentral Folque representa unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Unha rica bagaxe de coñecementos sobre cultura patrimonial sumada a metodoloxías vangardistas, sesións prácticas en grupo e guía de xestión profesional. Todo para axudar ós músicos a expresar a súa auténtica voz creativa na escena contemporánea.

INTRODUCCIÓN

Un profesorado formado por un grupo diverso de profesionais en activo recoñecidos cunha ampla experiencia na investigación e práctica musical. Unha metodoloxía de aprendizaxe musical que abrangue tódolos puntos de vista: teoría, metodoloxías de traballo de campo, práctica instrumental, enfoques vangardistas… 10 músicos convidados en seminarios ó longo do curso. Son os valores do Curso Maxistral de música popular galega de aCentral Folque.

O Curso Maxistral aCF está orientado a a calquera persoa iniciada na música con formación noutras escolas, conservatorios ou ben autodidactas, con perfiles creativos, ou interpretativos que poidan asumir retos profesionais a escala local ou internacional, así como axudalos á súa incorporación ao mundo profesional da música.

Para conseguirmos estes obxectivos baseámonos nun modelo de centro:

  • Especializado nas formas musicais galegas de transmisión oral e aberto ás linguaxes de vangarda.
  • Integral, caracterizado pola flexibilidade e equidade entre as especialidades.
  • Ao servizo dos futuros profesionais da música e tamén do conxunto da sociedade.
  • Conectada con profesionais, dos ámbitos escénico, educativo e investigador, de Galiza e do resto do mundo.
  • Aberta a todo o sector musical, permeábel ao entorno social e impulsora da música galega en todas as súas dimensións.

ESTRUTURA DO CURSO MAXISTRAL aCF

Características

  • Duración do curso: 1 ano académico (outubro-xuño)
  • Horario: sábados de 10 h a 14 h no Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións, Santiago de Compostela).
  • Localización: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
  • Tipo de aula: colectiva (máximo 10 persoas por grupo).
  • Número de horas lectivas: 112 h

Contidos

40% teórico e 60% práctico. Os fundamentos teóricos e prácticos que se impartirán son troncais para a totalidade do alumnado. As materias e contidos pivotan ao redor destes catro eixos:

  • Repertorio e prácticas interpretativas: adaptación instrumental dos recursos interpretativos do canto, da gaita, ritmos, baile, …
  • Harmonización, orquestración e improvisación: harmonización, conxunto, improvisación, estéticas,…
  • Formas musicais do patrimonio musical galego: teoría e análise, fontes, historia, etnomusicoloxía, …
  • Teoría e análise da música patrimonial: contextualización histórica e social do fenómeno musical no noroeste peninsular

A carga lectiva total é de 112 horas.

A docencia impártese en sesións semanais de 4 horas de duración, nun total de 28 semanas.

MESTRES

  • Coordinación: Ramón Pinheiro
  • Departamento de Patrimonio Musical Galego: Pablo Pérez Sanmamed
  • Departamento de Música Popular Urbana: Alejandro Vargas
  • Departamento de Músicas Contemporáneas: Xavier María López
  • Departamento de Historia, Teoría e Método da Música Patrimonial: Sergio de la Ossa

A estes mestres permanentes, súmase un feixe de especialistas que imparten seminarios exclusivos en distintas áreas: Dorothé Schubart, Ugia Pedreira, Paulina Ceremuzynska, José Manuel Díaz, Olga Kirk, David Bellas, Paulo p., José Luís do Pico Orjais,  Óscar Ibáñez,  Carlos Freire, Pablo Pérez, Fernando Abreu, Carme Iglesias, Maisa Lago, Alba María, Xavier Groba, Tomás Ageitos

+ info: pica aquí

MATRÍCULA: pica aquí

Comments are closed