Cursos de inverno 2020

Estes son os cursos para o inicio do ano 2020 na estación de inverno. Son diversos sobre aspectos da música tradicional galega con profesionais de recoñecido prestixio e traxectoria no que poderás atopar o que máis se axeite ao que procuras. Organizamos os cursos en dous grupos: os Monográficos, oficinas curtas de un día de duración sobre temas específicos e o Curso Marxistral, unha aula intensiva en sucesivos sábados e con diferentes mestres, unha experiencia única na pedagoxía musical galega.

Para inscribireste, escribe un mail a matricula@folque.com. As prazas son limitadas e por orde de inscrición.

Prezo de cada curso: 20€

Monográficos

Técnica do Canto (iniciación)

  • Imparte Paulina Ceremuzynska
  • Lugar: CSC Trisca
  • Duración: 8 h
  • Data: sábado 4 Xaneiro 2020

Monográfico especial pra músicos e cantantes que queiran explorar as nuances da voz propia. Curso para explorar as cordas vogais propias de cada participante. Este monográfico é para iniciarse nas linguaxes contemporáneas dos rexistros do canto, moi útil para calquera músico.

Técnica do Canto (avanzado)

  • Imparte Paulina Ceremuzynska
  • Lugar: CSC Trisca
  • Duración: 8 h
  • Data: sábado 28 Xaneiro 2020

Monográfico especial pra músicos e cantantes que queiran explorar as nuances da voz propia. Este curso é a continuación de iniciación, aínda que músicos experimentados poderían sumarse á experiencia. Servirá para afondar nas capacidades propias de cada participante e poder desenvolver os coñecementos do aparato fonador, afinación, escoita activa,…

Técnica do Canto (avanzado II)

  • Imparte Paulina Ceremuzynska
  • Lugar: CSC Trisca
  • Duración: 8 h
  • Data: Sábados 22 e 29 Febreiro 2020

Monográfico especial pra cantantes ou músicos que precisen a voz para as súas interpretacións ao vivo e sacar o máximo proveito á súa voz. Sobre un repertorio de música tradicional: tonadas, cancións, foliadas, muiñeiras e alalás,… para tirar partido do mellor que cada gorxa pode atinxir.

Violino. Técnicas básicas na música galega

  • Imparten María G. Blanco
  • Lugar: CSC Castiñeiriño
  • Duración: 6 h
  • Data: sábados 8 e 15 de febreiro 2020

Monográfico especial con María García Blanco. Este curso está orientado para violinistas de calquera estilo e para músicos que queiran coñecer as linguaxes da música galega neste instrumento. Desde Florencio da Fonsagrada até o fiddle irlandés na novo folk contemporáneo.

MONOGRÁFICO. Regueifa iniciación

  • Imparte Lupe Gómez
  • Lugar: CSC Castiñeiriño
  • Duración: 12 h
  • Data: luns 3, vernes 6 e 13 de marzo 2020

O presente monográfico plantéxase coma unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Iniciarémonos nas ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos, ademais de ofrecer guías sobre canto, métrica e versificación. Nun pequeno apartado teórico, realizaremos unha breve introdución aos tipos de improvisación oral na Península Ibérica e no resto do mundo, ademáis de abarcar as temáticas xerais tratadas neste tipo de actividade. A regueifeira Lupe Gómez encargarase da introducción sobre o estilo da tradición da regueifa.

MONOGRÁFICO: Batuque de música tradicional

  • Imparten Rebeca Raso e Sabela Fernández
  • Lugar: CSC Trisca
  • Duración: 8 h
  • Data: Martes 10 de marzo 2020

Monográfico sobre toques de percusión adaptados á música galega. Na moda dos grupos de batuque brasileiros de samba, a pretenión deste curso é fornecer do sentido de tocar en grupo sobre ritmos de muiñeira, muiñeira vella, xota marcha e alborada e compór un ensemble de percusión rico, variado e divertido.

Curso Maxistral

aCF Combo I: INICIACIÓN Á PRÁCTICA MUSICAL EN GRUPO FOLQUE

  • Imparten Pilar Sampil, Sergio Cobos, Óscar Fernández, Sergio de la Ossa, Roberto Sala
  • Lugar: Auditorio de Galicia. CSC Romaño
  • Duración: 14 h
  • Data: sábados de xaneiro 2020

O Curso Maxistral de aCentral Folque representa unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Unha rica bagaxe de coñecementos sobre cultura patrimonial sumada a metodoloxías vangardistas en sesións prácticas en conxunto. O etnomusicólogo Sergio de la Ossa impartirá unha sesión de introducción en aulas teóricas de Análise de cancións tradicionais. Este curso é unha iniciación para facilitar a experiencia da creación dun grupo folk contemporáneo. De un mes de duración e eminentemente práctico con diversos mestres de recoñecido prestixio, os asistentes poderán apreciar distintas aproximacións á interpretación colectiva, improvisación, harmonización, repertorio e baile.

aCF Combo II: CONSOLIDACIÓN NA PRÁCTICA MUSICAL EN GRUPO FOLK: ARRANXOS

  • Imparten Pilar Sampil, Sergio Cobos, Óscar Fernández, Sergio de la Ossa e Roberto Sala
  • Lugar: Auditorio de Galicia. CSC Romaño
  • Duración: 14 h
  • Data: sábados de febreiro 2020

O Curso Maxistral de aCentral Folque representa unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Este curso eminentemente práctico é unha continuación do Curso Maxistral aCF Combo I: Iniciación. Todo para axudar ós músicos a expresar a súa auténtica voz creativa na escena contemporánea. Especificamente traballaranse os arranxos para os distintos instrumentos que conformen o combo e farase fincapé nas cuestións da harmonía e o timbre nos conxuntos.

aCF Combo III: ESPECIALIZACIÓN NA PRÁCTICA MUSICAL EN GRUPO FOLK: COMPOSICIÓN

  • Imparten Sergio Cobos, Óscar Fernández, Pilar Sampil, Sergio de la Ossa e Roberto Sala
  • Lugar: Auditorio de Galicia. CSC Romaño
  • Duración: 14 h
  • Data: sábados de marzo 2020

O Curso Maxistral de aCentral Folque representa unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Este curso eminentemente práctico é unha continuación do Curso Maxistral aCF I e II para a especialización práctica e a conformación dun conxunto que en primavera gravará un disco en estudo profesional. O Curso Maxistral aCF está orientado a a calquera persoa iniciada na música con formación noutras escolas, conservatorios ou ben autodidactas, con perfiles creativos, ou interpretativos que poidan asumir retos profesionais a escala local ou internacional, así como axudalos á súa incorporación ao mundo profesional da música. Neste módulo tentarase desenvolver as capacidade ed composición segundo as estéticas da música popular galega de matriz rural.

Comments are closed