Cursos online 2020

Por causas de alarma sanitaria e restriccións de movementos, vémonos na obriga de reprogramar os cursos que tiñamos proxectado para esta primavera e cancelar o Curso Maxistral e Monográficos espefícios. Pola contra, imos ofertar unha serie de aulas virtuais con sesións ao vivo en plataformas abertas (Zoom, Jit.si) material de traballo a distancia e titorías online. Estes cursos de especialización impartidos de xeito telemático susbtitúen aos monográficos e cursos presenciais previstos.

Para inscribireste, escribe un mail a matricula@folque.com. As prazas son limitadas e por orde de inscrición.

Cando recibamos as inscrición, organizaremos os grupos segundo as necesidades de horario de mestres e alunado. A duración do curso é de 8 horas (inclúe o tempo de preparación da sesión e titorías). Debes ter unha conexión a internet que soporte videoconferencias e un equipo con micrófono e conexión a auriculares.

Prezo de cada curso: 20€

ABRIL

Respiración e relaxamento
Imparte Pilar Sampil

 Bailegramas I
Imparte Sergio Cobos

Técnica sobre o arco para zanfona
Imparte Óscar Fernández

A requinta da Ulla
Imparte Roberto Sala

Transcrición de cancións tradicionais
Imparte Sergio de la Ossa

MAIO

Posición corporal no baile
Imparte Pilar Sampil

Bailegramas II
Imparte Sergio Cobos

Técnica sobre o teclado para zanfona
Imparte Óscar Fernández

O traverso en Irlanda
Imparte Roberto Sala

Análise de cancións tradicionais
Imparte Sergio de la Ossa

XUÑO

O violino popular
Imparte María G. Blanco

Bailegramas III
Imparte Sergio Cobos

Repertorio para zanfona
Imparte Óscar Fernández

Repertorio galego para frauta traveseira
Imparte Roberto Sala

Análise de cancións tradicionais II
Imparte Sergio de la Ossa

Repertorio trad contemporáneo*
Imparte María G. Blanco

Canto antigo iniciación*
Imparte Paulina Ceremuzynska

Canto antigo avanzado*
Imparte Paulina Ceremuzynska

*IMPORTANTE: Nota (actualizada a 5 de xuño 2020): OS cursos de Canto AntigoI e II e o de Repertorio trad contemporáneo, fican adiados para setembro 2020

Comments are closed