Aquí están os Monográficos 2020 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para todos os públicos os sábados dos meses de febreiro, marzo e abril de 2020; unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar no CSC da Trisca a prezos moi reducidos.
Mira o que che interese, se adapte aos teus intereses e apúntate.
+ info e inscrición en cada un dos cursos:
Regueifa Miúda
Impro oral para educador@s, familias e nen@s de 3 a 7 anos
con Alba María
Sábado 15 de febreiro
de 16:30 a 18:30 // 15 € (adultos) e 10 € (crianzas)
De brindos e loias
Introdución ao canto improvisado na montaña luguesa
con Kike Estévez
Sábado 7 de marzo
de 16 h a 20 h // 30 €
Zanfunki 2020
Monográfico de sanfona
con Óscar Fernández
Sábados 7 e 28 de marzo
de 10 h a 14 h cada día// 40 € (1 día) e 70 € (dous días)
Trompa Galega
Iniciación ao instrumento e perfeccionamento
con Francis Olivier Almeida
Sábado 14 de marzo
Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h // 30 €
Tango-danza
Musicalidade e principios básicos
con Óscar Cobos e Antía Barcia Feás
Sábados 21 de marzo e 4 de abril
De 11 a 13 h e de 17 a 19 h // 45 €
Música e baile en Avión
Obradoiro de percusión e danza
con Xavi Castaña
Sábado 28 de marzo
de 11 h a 14 h e de 16 h a 19 h // 45€
Pandeiro Redondo
Percusións e cantares de Piñor
con María Vidal
Sábado 18 de abril
de 10 h a 13:30 h // 30 €
Caleidoscopio
Ferramentas Para A Creación Multidisciplinar
con Mercé de Rande
Sábados 18 e 25 de abril
de 11 h a 13 h e de 17 h a 20 h // 90 €
Zanfona para crianzas
Modas e modos. Música modal para ir rodando
con Pablo Bernárdez
Sábado 25 de abril
de 10:30 h a 13:30 h // 30€
Acordeón cromático
Estudo das súas características
con Tomé Mouriño
Sábado 25 de abril
de 16 h a 20 h // 30€
Apoios:
Concello de Santiago de Compostela // Deputación de A Coruña. Cultura.