Monográficos inverno 2017

Os  Monográficos de inverno de 2017 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela xa están aquí. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar no CSC da Trisca (agás o de zanfona no Auditorio de Galicia) a prezos moi reducidos.

Programa:

Violino con Begoña Riobó: “Repertorio tradicional de gaita galega adaptado ao violino”
Sábado 11 febreiro.   10 – 14h , 16 – 20h //  55€

Frauta con Xosé Liz: “Frauta nas músicas populares europeas”
Sábado 11 febreiro10 – 14h //     35€

Cordas con Xosé Liz (guitarra / bouzouki / mandolina): “Patróns rítmicos e ornamentacion de músicas europeas”
Sábado 11 febreiro. 16 – 20h //     35€

Percusión doméstica con Carlos Martínez: “Percusións domésticas con obxetos de cociña”
Sábado 18 febreiro. 11 – 14h //     20€

Pandeiros con Carlos Martínez: “Pandeiros: Técnica e ritmos”
Sábado 18 febreiro. 16- 20 h //  25€

Zanfona iniciación con Óscar Fernández: “Zanfona para descobrir”
Domingo 12 febreiro. 10 – 14h ou 16 – 20h //     35€

Harmonía con Alejandro Vargas: Harmonía moderna na música popular”
Sábados 11 e 18 febreiro. 16 – 18h //     35€

Baile con Sergio Cobos: “Maneo e…”
Sábados 4 e 18 marzo. 18 – 20h //     35€

Regueifa con Alba María: “Regueifa e improvisación oral”
Sábados 4 e 11 marzo. 16.30 – 18h //     25€

Comments are closed