Entrevista a Xosé Tunhas

Enviamos unha serie de preguntas aos obradoiros de artesanía musical que apoian a ELMPG durante este curso.  Foi Xosé Tunhas quen prontamente nos respostou cun ollar posto na responsabilidade e liberdade individual para construir o colectivo deste oficio. Reproducimos aquí unha entrevista que lle facemos a este xovencísimo artesán, músico e entusiasta de Trasmonte, concello de AMes, perto de Compostela, onde ten o seu atelier. Admiramos e recomendamos o seu traballo.

Como el mesmo di: “poder traballar e vivir dignamente do que a un lle gusta é un auténtico luxo”

1. Porque e para qué decideu facer instrumentos populares galegos? Cual foi o motivo orixinal e quen te apuxou? 

Decidín facer instrumentos a modo de pasatempo, nun principio. Como case todo o mundo, eu comecei tocando nunha agrupación tradicional, e a curiosidade levábame a desmontar os bombos, os tambores, as gaitas, para ver como eran por dentro, como estaban feitos. Co tempo decidín probar a facer o meu propio instrumento a ver se era quen. E anos máis tarde, esta afición acabou por convertirsa na minha profesión

2. Cómo definirias a tua profesión? Que é ser artesán diariamente? 

Ser artesán pode que sexa o máis parecido á liberdade, dentro duns límites, claro. Poder traballar e vivir dignamente do que a un lle gusta é un auténtico luxo, sobre todo nos tempos que corren. O cal conleva tamén unha grande responsabilidade, xa que és ti o que toma as decisións, o que planifica os tempos, a persoa sobre a que recaen as posibles culpas dun traballo mal feito. Non hai excusas, non hai outro para o que mirar. Para o bo e para o malo, ti es o único responsable.

3. Cual é a relación entre o gremio na actualidade? Cómo estades organizados e qué actividades ou propostas conxuntas facedes? 

Actualmente, as relacións entre artesáns, en xeral, son moi boas. Hai unha gran comunicación entre uns e outros, compartimos técnicas, recursos, materiais incluso. Ata nos mandamos clientes de uns a outros. A través da Asociación de Gaiteiros Galegos organízanse as mostras de instrumentos do Ricardo Portela, en Pontevedra, e a do festival de Pardinhas, en Guitiriz, onde os artesáns nos xuntamos entre nós e cos nosos clientes, e facemos do traballo de construir instrumentos unha gran festa. Incluso existe o proxecto, que se vén xestando dende hai tempo, de constituir unha asociación profesional de constructores de instrumentos.

4. Qué pensas que ofrece o teu obradoiro dentro do panorama artesanal galego? 

Eu creo que o máis importante que o meu taller ofrece é unha relación calidade-prezo inmellorable. Instrumentos de moi boa calidade a un prezo moi asequible. Algo moi importante, sobre todo hoxe en día. E tamén unha atención postvenda moi boa, con mantemento dos instrumentos de balde e unha atención moi persoalizada. É un taller modesto, pero que se preocupa moito pola saúde dos seus instrumentos e da satisfacción dos seus clientes.

5. Cal é a relación do artesán co músico? 

Eu creo que esa relación tén que ser simbiótica. O artesán tén que estar totalmente aberto ás suxerencias e peticións dos seus clientes, lonxe de dogmatismos anacrónicos que non levan a ningures. E o músico debe preocuparse de pedirlle, suxerirlle e esixirlle ao artesán. Só desa forma se conseguirán melloras tanto nos instrumentos coma nas técnicas interpretativas.

6. Qué botas en falta no teu oficio entre artesans e mesmo entre artesans e músicos?

Pois entroncando ca pregunta anterior, eu boto en falta, cada vez menos certamente, esa relación de mútua información entre artesán e músico. Pero xa digo que é unha cousa que se está a correxir nos últimos tempos.


…Tunhas forma parte das formacións: Caxade e Os Modernos.

A dirección do seu taller é: Portanxil, 15. Trasmonte 15864, Ames, A Corunha.
Podes contactalo tamén se escribes a xosetunhas@yahoo.es

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario