Escoita as Pedras nas Luces

Está disponíbel nas plataformas de escoita dixital a música empregada para o espectáculo de luz e son ao vivo con avións non tripulados “Pedras nas Luces”, unha coreografía de Begoña Cuquejo para o festival de artes vivas Corpo (a) Terra deste ano coa música feita especialmente para o evento do zanfonista Ariel Ninas a partir das gravacións publicadas recentemente no libro “Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade” da colección Chave Mestra sobre un documento sonoro que Alan Lomax fixo no 1952 a pedreiros de Cotobade. Podes escoitar o documento orixinal aqui , unha gravación de campo sobre un canto de traballo coa impresionante voz e melodía de Antonio Pazos axudando aos compañeiros a levantar unha pedra nalgún momento de laboura no cemiterio de Beariz.

Para escoitar o audio nas dúas versións, tes que seguir algunha destas ligazóns:

Escoita directamente no Spotify:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario