O último disco da factoría d’aCentral Folque, “Chané na Habana” xa se pode escoitar e mercar en formato dixital. Nas principais plataformas de streaming e descarga está disponível este traballo que reinterpreta composicións de José Castro “Chané” no centenario da súa morte. Arranxos feitos polos músicos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz para un ensemble de jazz, unha camerata de cordas e unha cantante dan forma dun xeito novo a doce cancións con textos de Curros Enríquez, Rosalía de Castro ou Nan de Allariz entre outros. “Hits” do cancioneiro galego coma un Adiós a Mariquiña, Cantiga ou Os teus Ollos, están incluídos en máis de unha hora de música.
Desde este sábado no concerto de presentación do espectáculo en Rianxo, estará disponível en formato físico.
Podes escoitar aquí:
- Spotify: https://open.spotify.com/album/7DJGNB8kBIt2QcEWGe1EDa
- Deezer: http://www.deezer.com/es/album/50456692
- Google Play: https://goo.gl/3WzEja
Pingback: Música en galego: os discos do ano 2017 – Sesións Destelo