O Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada xa ten disco editado e disponíbel para escoita e descarga. O resultado para este EMPA#01 son dous anos de traballo nas aulas deste Curso Maxistral que pretende profundizar nos fundamentos e distintas posibilidades da música tradicional. Como traballo de fin de estudos, o alunado gravou en xuño de 2017 o primeiro volume desta colección que pretende cada ano editar un novo disco baixo a dirección dos mestres que dirixen o último curso.
Este 2017 contou coa guia de Alejandro Vargas, Pablo Pérez Sanmamed e Javier María López para que o alunado gravara estes cinco temas que agora presentamos.
El@s foron, alunado e profesorado:
- Laura Souto: frauta
- Miguel Fontenla: piano
- Martiño Cabarcos: sanfona
- María G. Blanco: violino
- Alba María Rodríguez: voz
- Javier María López: frauta e guitarra
- Alejandro Vargas: piano
- Pablo Pérez: contrabaixo
O disco foi gravado o 2 de xuño de 2017 nos estudos A Ponte de Santiago con Tomás Ageitos como técnico de son e Dr.Chou na masterización.
Os temas gravados son orixinalmente tradicionais:
- Cantos de sega
- Carballesa
- Entroido de Mera / Gankino Horo
- Muiñeira de Barro
- Redonda de Lobeira
A arte gráfica é de Ricardo Cabanelas (Reviravolta design) sobre unha imaxe de Ugia Pedreira.
Onde escoitar o disco EMPA#01?
- iTunes
- Amazon
- Google Play:
- Spotify:
Se non podes acceder ás ligazóns, aquí están os enderezos:
Amazon:
https://www.amazon.es/Empa-Escola-M%C3%BAsica-Popular-Avanzada/dp/B075TJFDWH/ref=sr_1_1?s=dmusic&ie=UTF8&qid=1506600517&sr=1-1-mp3-albums-bar-strip-0&keywords=Escola+de+M%C3%BAsica+Popular+e+Avanzada
iTunes:
https://itunes.apple.com/us/album/empa-01-digital-version-ep/id1287921550?l=es&ls=1
Google Play:
https://play.google.com/store/music/album/Escola_de_M%C3%BAsica_Popular_e_Avanzada_Empa_01_Digita?id=Ba65hjokwlpmsuv3v7vloeqya2e
Spotify Play:
_https://open.spotify.com/artist/3hbCvAbK8hn4ZGdOglFQs5