Escola de Música aCentral Folque 2020-21

Este curso 2020-21 será especial. Cun proxecto curricular adaptado á nova realidade e coa intención de facer aulas baixo a máis estricta seguridade con protocolos para a docencia musical cunha pedagoxía individualizada combinando a presencialidade coas ferramentas dixitais para asegurar o ensino a distancia. Comezaremos o curso na 3ª semana de outubro e até mediados de xuño tentaremos ofrecer unha docencia de calidade e axeitada aos tempos.

As aulas desenvolveranse atendendo á situación sanitaria presente en cada momento, revisando os protocolos cada semana e cumplindo todas as medidas de hixiene e distancia marcados polos protocolos e o sentido común: desinfectar mans e superficies, distancia de separación entre alun@ e mestre, ventilación do espazo, uso de máscara ou pantalla…

As aulas desenvolveranse de xeito presencial preferibelmente e só en casos de restricións do uso do espazo ou confinamento parcial, substituarase con ensino a distancia por medios dixitais nas horas lectivas como aulas virtuais, vídeos, material complementario…

Para inscribíreste, tes que enviarnos un formulario de prematrícula que podes encher aquí: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-de-musica-popular-e-avanzada/formacion-continua/matricula/

Continuaremos coa mesma equipa docente para as aulas regulares de Sanfona (Óscar Fernández), Frautas e requinta, Gaita e Percusión (Roberto Sala), Violino (María G. Blanco), Canto (Paulina Ceremuzynska), Linguaxe Musical  -método Kodály- e Análise Musical (Sergio de la Ossa) e Baile (Sergio Cobos) Este ano non ofertaremos o Curso Maxistral. E os Monográficos previstos para este trimestre, serán previstos para o segundo semestre agardando poder desenvolvelos con normalidade. Podes ver os espazos e horarios aquí para as aulas individuais e as aulas colectivas. 

Toda a información actualizada en:

Escola de Música

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario