Máis un ano continuamos coa oferta de formación continua na escola d’aCentral Folque. Logo de doce anos en Santiago de Compostela aprendendo cousas arredor das músicas populares, cun ensino focado nas aptitudes e intereses do alunado con aulas individuais e colectivas en varias disciplinas da música tradicional galega e folque. As aulas comezarán a partir do 14 de outubro até mediados de xuño nas áreas de Canto, Sanfona, Violino, Requinta, Gaita e Percusión. Este curso ademais abrimos unha nova aula de Acordeón (piano) con Fran Barcia e estreamos mestra de canto e técnica vocal con Sheila Patricia. E a partir de xaneiro abriremos tamén as aulas de Solfexo (método Kodály e Análise de cancións tradicionais e Harmonía moderna) e a partir de febreiro teremos unha chea de monográficos especializados.
Todos detalles podes encontralos na páxina da Escola: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-musica-popular-avanzada/
Sobre as aulas individuais podes seguir esta ligazón. Para as colectivas, pica aquí.
Os detalles e proceso de matrícula, atoparalos aquí: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-de-musica-popular-e-avanzada/formacion-continua/matricula/
As aulas da Escola de Música d’aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado. Existen aulas individuais e aulas colectivas.
- O reparto de horarios será acordado polo mestre co alumnado unha vez estean as preinscricións feitas e serán comunicadas ao alumnado.
- As aulas do curso 2021/22 comezarán a partir do xoves 14 de outubro e rematarán o sábado 18 de xuño. Serán 30 sesións en total ao longo do ano
As aulas desenvolveranse atendendo á situación sanitaria presente en cada momento cumplindo todas as medidas de hixiene e distancia marcados polos protocolos e o sentido común: desinfectar mans e superficies, distancia de separación entre alun@ e mestre, ventilación do espazo, uso de máscara…
As aulas desenvolveranse de xeito presencial agás nos casos referidos.
- ACORDEÓN PIANO
Mestre: Fran Barcia. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados
- TÉCNICA VOCAL
Mestra: Sheila Patricia. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados
- SANFONA
Mestre: Óscar Fernández. Lugar: CSC do Romaño. Días: venres (aulas cada 15 días e ensino a distancia)
- VIOLINO
Mestre: María G. Blanco. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados (CSC A Trisca)
- FRAUTAS E REQUINTA / PERCUSIÓN / GAITA
Mestre: Roberto Sala Lugar: ensino a distancia. Días: luns (ou a convir axenda co mestre)
- BAILE
Mestre: Serxio Cobos Lugar: CSC Romaño. Horarios: Xoves tarde ás 17.00 (iniciación) // 18.30 (grupo II) // 20.00 (grupo III)
- LINGUAXE MUSICAL (MÉTODO KODÁLY)
Mestre: Sergio de la Ossa Lugar: CSC A Trisca Horarios: sábados de mañán (desde xaneiro)
- ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAIS
Mestre: Sergio de la Ossa Lugar: CSC A Trisca Horarios: sábados de tarde (desde xaneiro)
- HARMONÍA NA MÚSICA POPULAR
Mestre: Alejandro Vargas Lugar: CSC A Trisca Horarios: sábados de tarde (a partir de xaneiro)
Baile as 5 con Sergio