Escolma dos Coros Galegos

CdT_xaneiro2015O Coro Galego Cántigas da Terra organiza a conferencia que o investigador Jaime López Fernández-Caramelo dará baixo o título “Escolma dos Coros Galegos”. Durante o acto, o conferenciante doará valioso material documental e artístico a Cántigas da Terra, quen pechará o acto interpretando coñecidas foliadas do seu repertorio. A cita será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 12h no Museo de Belas Artes da Coruña.

Jaime López Fernández-Caramelo (1942) é coruñés de nacemento e ferrolán de adopción. Vencellado ao Folclore e aos Coros Galegos desde hai xa cincuenta anos, foi presidente do Real Coro Toxos e Froles en dúas etapas (1967-1978 e 1989-1999) e desempeñou distintos cargos no consistorio da cidade departamental (Concelleiro, Tenente de Alcalde e Delegado de Relacións Públicas).

Jaime López ten escrito varios libros sobre temática galega: “Símbolos de Galicia”, “Curros Enríquez y Ferrol”, “José Fontenla Leal. Breogán II”, “Hixinio Ameixeiras”, “La otra cara de la Galicia Ciega”. Na actualidade escribe “Vila do Conde-Ferrol. Historia de un hermanamiento” e quizais o máis voluminoso “Los Coros Gallegos ante el Centenario de Toxos e Froles y Cántigas da Terra”.

Do seu extenso e importante arquivo persoal, Jaime López realizará unha xenerosa doazón a Cántigas da Terra. Entre os materiais que se inclúen figura o arquivo documental de Xerardo Roque, primeiro arquiveiro da Entidade, o programa de man da primeira actuación do Coro e unha colección de partituras e discos de pizarra de incalculable valor.

http://www.cantigasdaterra.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario