
aCentral Folque participa con dous concertos, un do dúo Fdez&Quintá arredor da zanfona histórica do Museo Massó en Bueu que contará cunha palestra de Pablo Quintana sobre este instrumento. E a presentación do novo libro da colección da Chave Mestra sobre Xan Tilve, o gaiteiro de Campañó con palestra do autor do texto Xavier Groba e o Óscar Ibañez trio que gravaron coa gaita histórica do gaiteiro de Poio no Museo de Pontevedra.
Toda a información está dispoñible tamén na web do festival www.espazossonoros.org.
Este é o vídeo promo desta edición do festival: