Monográfico de canto e fontes documentais

Loading Map....

Data
14/01/2017 - 21/01/2017 _ 17:00 h

Lugar
Auditorio de Galicia

Prezo: alternative text

Categoría No Categories


Ofrecemos un valioso Monográfico de canto tradicional e fontes documentais  da man de dous especialistas na materia: a cantante Paulina Ceremuzynska e o etnomusicólogo e pedagogo Sergio de la Ossa. Serán 8 horas de achegamento á canción tradicional, galega para aprendermos os segredos e sintaxes destas músicas. Curso especial de canto tradicional antigo desde as fontes documentais. Organizado en dúas partes. Unha primeira teórica: sen atender a estilos de interpretación modernos, atenderase ao estudo de análise, identificación das gravacións de campo de cantadoras co etnomusicólogo Sergio de la Ossa. A segunda parte é práctica coa mestra de canto medieval Paulina Ceremuzynska para tentar reproducir coas nosas voces, aquelas que os antigos nos legaron.

O curso monográfico son dúas sesións. Teoría (14 de xaneiro) terá a súa continuación na práctica (21 de xaneiro) para aprofundar na materia.

by Miguel Souto

As prazas son limitadas para garantir un ótimo desenvolvemento do curso.

  • Datas: 14 e 21 de xaneiro
  • Horas: 16  a 20 h
  • Lugar: Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións). Compostela
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Sergio de la Ossa

Etnomusicólogo, encargado desde 2007 dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal). É mestre especialista en Educación Musical (USC, 1999) e no método Kodály (2010); ensinou música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría) entre 2011 e 2015. Ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. Participou en publicacións do eido da música e do baile tradicional, como Así fan os bailadores… (Dos Acordes, 2009) ou Repente Galego (Deputación de Pontevedra, 2016) de Ramon Almuinha. Actualmente imparte aulas de teoría no Curso Maxistral da Central Folque. Publica sobre cuestións relacionadas coa análise de música tradicional no blogue www.analisemusical.wordpress.com.

Paulina Ceremuzynska

Estudou Musicoloxía na Universidade de Varsovia e Interpretación de Música Medieval na Universidade de Paris-Sorbonne. A técnica vocal perfeccionaa coa profesora Mercedes Hernández. Ten participando en numerosos cursos e masterclass cos profesores Richard Levitt e David Mason en Academia de Musica Antigua de Salamanca.  Entre outros, dirixe e interpreta proxectos musicais sobre as cantigas profanas galego-portuguesas dos séculos XIII e XIV, editados nos discos “Cantigas de amor e de amigo” (coa 2ª gravación mundial das cantigas de amor de Don Denis ) e “E moiro-me d’amor”. Cantou como solista co grupo “Malandança” dirixido por Francisco Luengo, co grupo polaco “Alienor”, e no proxecto “Estudio de Resonet”, dirixido por Fernando Reyes. É solista e directora do Grupo de Música Antiga “Meendinho”.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed