A noite de Chané

Data
20/12/2017 _ 20:30 h

Lugar
Teatro Principal

Prezo: de balde

Categoría


Este mércores 20 de decembro imos celebrar “A noite de Chané”, unha velada co gallo da presentación do libro “Chané. O nacemento da Música Popular Galega. Compostela, Coruña, A Habana” unha extensa investigación biográfica e musical sobre o músico compostelán José Castro “Chané” feita por Sixto Gómez e Alberto Cancela.

A noite ten os seguintes actos:

  • Presentación do libro “Chané” e parola co editor Ramom Pinheiro e un dos autores Sixto Gómez
  • Proxección do vídeoclip “Chané na Habana” de Marcos Nine
  • Recital de piano e voz con Alejandro Vargas e Rosa Cedrón.

O apelativo Chané está ligado para sempre á historia da música galega. Nin nome nin apelido, este alcume pertence a unha liñaxe de músicos, personificada en maior altura por JOSÉ CASTRO GONZÁLEZ (Santiago de Compostela, 1856 – † A Habana, 1917), unha das figuras máis destacadas e importantes da historia da música en Galicia. Chané forma parte dunha xeración de músicos pioneiros que atoparon na tradición popular de Galicia novas fontes de inspiración que revolucionaron a música do seu tempo.

Este libro é a obra definitiva sobre este autor ao longo das súas máis de 250 páxinas con fotos e dados inéditos sobre o autor.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed