A Pedreira

Data
18/12/2020 _ 20:00 h

Lugar
Teatro Colon

Prezo: de balde (previa reserva)

Categoría


O vindeiro venres, 18 de Decembro de 2020 ás 20.00 haberá unha actuación especial no teatro Colón da Coruña con entradas limitadas e emisión en streaming dentro da programación da Deputación Provincial da Coruña neste fin de 2020.

As entradas estarán disponíveis aquí: https://corunacultura.sacatuentrada.es/gl

A Pedreira é a nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. É un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Guitarra en mao pasa por múltiples misturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega con reminiscencias africanas.

A Pedreira é o proxecto en solitario de Ugia, desta vez para ela soa. Acompañada de guita-rra, pandeireta e o seu corpo móbil incorpora, nalgúns momentos, ao músico bretón Pierre-Yves Rougier con quen comparte vida, visión e común pensar sobre o feito musical.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed