aCentral Folque no FIL’19

Map Unavailable

Data
08/07/2019 _ 13:00 h

Lugar
FIL

Prezo: de balde

Categoría


aCentral Folque estará representada directamente no Festival Intercéltico de Lorient coas actuacións na carpa de Galiza dos proxectos artísticos de Tralo-Valo e Ariel Ninas os vindeiros días 4, 5 e 7 de agosto na Bretaña onde se celebra a 49 edición deste macro evento e que este ano está adicado especialmente a Galiza.

Axenda:

  • 4 agosto ás 13 h. Tralo-Valo
  • 5 agosto ás 13 h. Tralo-Valo
  • 7 agosto ás 13 h. Ariel Ninas

Ademais a carpa do Espace Maritime acollerá horas de música de outras bandas galegas durante todo o día e haberá concertos en espazos singulares, así coma o concerto inaugural do FIL “Os camiños de Breogán” que foi preesrteado no pasado TradFest na praza da Quintana.

Para coñecer todos os detalles da delegación galega, podes seguir o seu perfil oficial no FB: https://www.facebook.com/DelegacionGalegaDoFestivalIntercelticoDeLorient/

 

TRALO-VALO:

Tralo-Valo a liberación das cadeas nos corpos a través do baile e na alma a través das cancións. Son o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o sanfonista Ariel Ninas. Música para o baile de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións e florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados. Formato único que nace da vontade de facer danzar co poder ancestral da pel e a madeira da pandeireta, as cordas de tripa da sanfona e as cordas vogais da gorxa. Sobre melodías tradicionais e novas composicións de inspiracións na música de raíz, recuperan coplas e compoñen outras novas para criar un discurso coherente, positivo, crítico e en feminino. Enriba da base sonora dun bordón grave e continuo debuxan células melódicas repetitivas, case hipnóticas que constrúen sobre os ritmos dos antiguos.

Carme da Pontragha é unha tocadora e cantadora da Pontraga (Tordoia), mestra na A.F. Brisas do Quenllo e outros colectivos da contorna e fundadora do grupo Bouba pandereteiras (“Vinculeiras”, autoredición 2017).

Ariel Ninas é músico e productor en aCentral Folque. Zanfonista en proxectos coma Cantos de cego da Galiza e Portugal (aCF, 2016), “Cantos de Natal da Galiza e Portugal (aCF, 2019), Ulobit (“Vinkingland”, Audioatalaia, 2016), ou Habelas (autoedición, 2012) e ten tocado e gravado con artistas dispares coma Germán Coppini, Sergio Tannus, Ultraqäns, Xoán Curiel ou Kerkennai.

 

 

ARIEL NINAS

Ariel Ninas móvese entre a tradición máis evolucionada, irrespectuosa e a contemporaneidade máis efémera. O seu primeiro grupo foi a banda de punk-rock-skiffle-cabaret acústico Inflatable Buddha cos que xirou por Inglaterra durante dous anos e editou dous discos. É no seu retorno a Galiza que retoma o estudo formal da música tradicional en aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Nos últimos anos toca en varios proxectos de improvisación libre froito da súa participación coa OMEGa, Orquestra de Música Espontánea de Galiza -ImaxinaSons’09 con Fred Frith, Traumzeit Festival (Duisburg) con Michael Fisher. Co Comando Delta deconstruíndo a Golpes Bajos con Germán Coppini-; co dúo de electrónica B’knob ou o trio experimental Ulobit, ou a ensemble de recreacións de música medieval Pres de Cambrai. As súas colaboracións pódense escoitar nos discos de Sérgio Tannus, Xoán Curiel, Lenda Ártabra ou Alba María. Fixo a solo a BSO para a peza de danza contemporánea ”Habelas” , premio Injuve 2010 coa Cía trasPediante. Con César Prata lanza en 2016 o disco “Cantos de cego da Galiza e Portugal” e para este 2019 está en preparación “Cantos de Natal da Galiza e Portugal” con César Prata e Catarina Moura.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed