aCFolque no Vilariño Folc

Data
15/08/2015 _ 16:00 - 23:00 h

Lugar
o hio

Prezo: de balde

Categoría


vilarinofolcaCentral Folque leva á XVI Festa Folc de Vilariño os últimos títulos publicados no 2015: os libros da Chave Mestra arredor de persoeiros históricos da música popular e o disco da nova voz galega Alba María.

A colección Chave Mestra que edita aCentral Folque publica sobre persoeiros senlleiros da música tradicional. Unha edición coidada de libros escritos por diferentes autores, sempre acompañados dun CD, partituras e estudos sobre o contexto, a biografía e a etnomusicoloxía. Unha serie coordinada por Ramon Pinheiro Almuinha que se ampliará nos vindeiros meses. Até o momento, están publicados os estudos: 

  • Os contos de Joselín, primeiro en gravar contos en galego no 1929 escrito por Laura Tato;
  • Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte, escrito por Pablo Quintana;
  • Pazos de Merexo e o acordeón na Costa da Morte escrito por Xurxo Souto coa análise musical de Pedro Pascual;
  • Florencio dos Vilares, cun análise musicolóxica de Dorothé Schubart que volve a publicar en galego despois de trinta anos. Transcrición das letras de Antón Santamarina e transcrición etnomusicolóxica de grande calidade de Sergio de la Ossa e do húngaro Andras Vavrinecz.
  • Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei escrito por Juanjo Fernández

Todos os libros están acompañados por un CD con gravacións históricas inéditas e partituras.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed